Adolfo Lucas Reguilón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
completo info
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 1:
'''Adolfo Lucas Reguilón García''', nado en [[Villa del Prado]] ([[Comunidade de Madrid|Madrid]]) en [[1911]] e finado en [[1994]], foi un mestre e guerrilleiro republicano que actuou pola zona do [[val do [[Río Tiétar|Tiétar]] trala [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]]. Adoptou o alias de "[[Severo Eubel de la Paz]]" (que segundo el quería dicir "Serio e incorruptible luchador en la buena guerra por la paz").
 
==Traxectoria==
Militante comunista dende maio de 1936, cando comezou a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]] exercía de mestre en [[Navamorcuende]] ([[Provincia de Toledo|Toledo]]). Participou como miliciano nos combates da estrada da Coruña. Foi ferido en novembro de 1936 e posteriormente desempeñou tarefas no comisariado político. Ao rematar a guerra foi preso e condenado a morte, pero foi liberado en [[1943]].
 
Ao saír da prisión botouse ao monte no val do Tiétar con varios compañeiros, creando a Agrupación Guerrillera Zona M (Alto del Mirlo) pola zona de [[Piedralaves]] ([[Provincia de Ávila|Ávila]]), dedicándose sobre todo á difusión de propaganda impresa, a sabotaxe dos tendidos eléctricos, o corte de estradas e a imposición de multas aos veciños da zona colaboracionistas do réxime de [[franquismo|Franco]]. En novembro de 1944, o grupo de Severo integrouse como fundador na [[Agrupación Guerrillera de Extremadura]] (División de Gredos). O grupo tiña unha ideoloxía propia, mestura de comunismo, cristianismo e pacifismo, elaborada por Reguilón a partir da idea de Unión Nacional lanzada por [[Jesús Monzón]] (máximo dirixente do [[PCE]] no interior de España). Publicou folletos políticos e os periódicos ''Uníos'' e ''El Guerrillero Carpetano''. A [[Garda civil]] e as organizacións antifranquistas considerábano un fantasioso e visionario, con apetencias de protagonismo e de mando. LaA actuación de Reguilón causaba malestar entre os demais grupos guerrilleiros, debido a que na práctica rexeitaba a acción armada.
 
A acción mais importante do grupo tivo lugar o [[16 de agosto]] de [[1946]], cando ocuparon por unhas horas a vila de [[Alameda del Valle]].
 
No verán de [[1947]] o grupo de Severo realizou a súa última acción na serra, no [[porto de Navacerrada]], como consecuencia da cal unha parella de mozos que acampaba na [[lagoa de Peñalara]] allea a todo, foi tiroteada pola Garda Civil.
 
Reguilón continuou a súa actividade política en Madrid. Os guerrilleiros acordaron abandonar a capital e un camarada ofreceuse a trasladalo á casa dunha familia coñecida súa en [[Foz]].