Francisco Río Barxa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+cat
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Fillo de militar, estudou o [[bacharelato]] nos Maristas de [[Lugo]] e aprobou as oposicións a [[Correos]], coincidindo coa [[Guerra Civil española]]. Durante a contenda, é recrutado como carteiro polo [[bando nacional]]. Na posguerra licenciouse en [[Xeografía]] e [[Historia]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]] e foi destinado como mestre a [[Viveiro]]. Proseguiu a súa carreira profesional ao acceder temporalmente a unha praza de profesor adxunto na universidade compostelá. Nesa época é cando coñece a [[Ramón Otero Pedrayo]] e cando escribe a súa tese doutoral, que lla dirixe precisamente o catedrático [[Ourense|ourensán]].
 
Posteriormente sacou as oposicións para profesor universitario de Maxisterio e, aínda que o destinan ás [[illas Canarias]], permutará a praza e quedará na Universidade de Santiago, centro de ensinanza ao que quedaría vinculado ata a súa xubilación. Vinculado ao galeguismo histórico a través de Pedrayo e do [[Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento]], ingresou na [[Real Academia Galega]] en [[1983]] a proposta de [[Ramón Piñeiro]], [[Manuel Chamoso Lamas]] e [[Antón Fraguas]] cun discurso sobre a interpretación da [[paisaxe]] [[Santiago de Compostela|compostelá]].