Devorador da Morte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
sección sobre a ideoloxía; mestura de en.wp e es.wp
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 16:
== Historia ==
=== Formación e caída ===
A constitución dos Devoradores da Morte sitúase vinte anos antes dos acontecementos dos libros. Torturaban e mataban muggles e aqueles que se opoñían a eles ou crían que podían ter información que axudase a impedir o seu ascenso ao poder. Logo de dez anos da formación dos Devoradores da Morte, unha adiviña, [[Sybill Trelawney]], fixo unha profecía que predicía a chegada de alguén que tería o poder suficiente para derrotar a Voldemort para sempre. A profecía tamén aseguraba que o Señor Escuro ía marcalo coma ao seu igual. Non obstante, esta podía referirse a dous cativos diferentes, [[Harry Potter (personaxe)|Harry Potter]] ou [[Neville Longbottom]]; finalmente, Voldemort elixiu a Harry, que era [[Universo de Harry Potter#MestizosMestizo|mestizo]] coma el, dado que a súa nai era unha meiga nacida de muggle, ao contrario que Neville, que proviña dunha longa linaxe de [[Meigo de vello|meigos de vello]].
 
Unha noite, Voldemort asasinou a [[James Potter|James]] e [[Lily Potter]], pero cando foi matar ao seu rival, o esconxuro mortal rebotou en Harry e deulle a el, debido ao sacrificio que a nai de Harry fixera para salvar o seu fillo. Non obstante, o meigo escuro non morreu, tan só perdeu o corpo e quedou debilitado. Coa desaparición de Voldemort, o [[Ministerio de Maxia]] conseguiu atrapar e meter no cárcere máxico de [[Azkaban]] a algúns dos Devoradores da Morte. Outros, pola contra, puideron eludir a xustiza.
Liña 28:
 
== Ideoloxía ==
A ideoloxía dos Devoradores da Morte é unha supremacía racial derivada da práctica de maxia negra, esconxuros ilegais e perigosos. Este grupo cre que os meigos son a nobleza da natureza e polo tanto deben someter os outros seres e razas, que consideran inferiores. Na comunidade máxica, só aqueles nacidos de pais meigos son dignos dos poderes máxicos e realizan unha categorización segundo a [[Universo de Harry Potter#Pureza de sangue|pureza de sangue]]: [[Meigo de vello|meigos de vello]], [[Universo de Harry Potter#MestizosMestizo|mestizos]] e [[Fillo de lameiro|fillos de lameiro]]. Os Devoradores da Morte non só procuran a restauración do dominio dos meigos de vello sobre a comunidade máxica, senón tamén o sometemento da comunidade muggle. En realidade, a idea de pureza de sangue é un concepto erróneo: o propio Voldemort é mestizo.
 
Diversos estudosos e a mesma autora teñen sinalado en varias ocasións as correspondencias existentes entre a orde dos Devoradores da Morte e movementos como o [[nazismo]]<ref name="webchat2">{{Cita Web|url=http://www.the-leaky-cauldron.org/2007/11/19/new-interview-with-j-k-rowling-for-release-of-dutch-edition-of-deathly-hallows|at-transcript|título=New Interview with J.K. Rowling for Release of Dutch Edition of 'Deathly Hallows'|data=18 de novembro de 2007|dataacceso=27 de febreiro de 2009|editor=The Leaky Cauldron|lingua=inglés}}</ref><ref name="Xl">{{Cita Web|url=http://www.harrylatino.com/noticias/5318/rowling-entrevistada-por-xlsemanal|título=Rowling entrevistada por XL Semanal|dataacceso=28 de febreiro de 2009|editor=HarryLatino|editorial=HarryLatino.com|lingua=castelán}}</ref><ref name="closest">{{Cita Web|url=http://voiceoftheturtle.org/show_article.php?aid=170|título=Harry Potter and the closest conservative|dataacceso=1 de marzo de 2009|apelidos=Adams|nome=Rihard|data=2001|editor=The Voice of the Turtle|lingua=inglés}}</ref>. J. K. Rowling admitiu que o mundo da [[Segunda Guerra Mundial]] tivo moitas influencias na súa escritura e, en especial, na configuración dun vilán que, como [[Hitler]] ou [[Stalin]], estaba obsesionado coa idea do destino<ref name="webchat2" /><ref name="Xl" />. Neste sentido, Richard Adams analizou o parecido entre Voldemort e Hitler afirmando que o período comprendido entre a desaparición do meigo e a súa resurrección remite ao período histórico que vai desde a derrota de [[Alemaña]] na [[Primeira Guerra Mundial]] e o asinado do [[Tratado de Versalles]] ata o ascenso do nazismo<ref name="closest" />. Ademais, moitos Devoradores da Morte renegaron da súa afiliación tras a primera caída do seu amo ao igual que aconteceu con nazis nos [[Xuízos de Nuremberg]] logo da Segunda Guerra Mundial<ref>{{Cita Web|url=http://www.cosforums.com/archive/index.php?t-104594.html|título=Voldemort, OOTP, the MoM, and how it...|dataacceso=1 de marzo de 2009|data=27 de abril de 2007|editor=Cosforums.com|lingua=inglés}}</ref>. Na última novela, o auxe do poder do Señor Escuro tradúcese tamén na dominación do organismo estatal e dos medios de comunicación, difundindo unha política adversa cara aos muggles e os considerados por eles non-puros.