Devorador da Morte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Toliño (conversa | contribucións)
→‎Rexurdimento: continúo; mestura de traducións desde en.wp e es.wp
Liña 22:
=== Rexurdimento ===
{{Enuso}}
En ''[[Harry Potter e o Cáliz de fogo]]'', Voldemort consegue recuperar os seus poderes e o seu corpo grazas ás intervencións de [[Peter Pettigrew]] e [[Barty Crouch Jr.]], quen levara a cabo a sabotaxe do Torneo Tres Meigos para capturar a Harry Potter. Voldemort convocou os seus seguidores para que se puxeran ao seu servizo de novo. Agás aqueles que morreron, estaban no cárcere ou tiñan medo de volver, a maioría retornaron ás ordes de Voldemort, que intentaría gañar o poder unha segunda vez.
 
O Ministro de Maxia, [[Cornelius Fudge]], rexeitou crer que Voldemort regresara e concluíu que era todo unha mentira artellada por [[Albus Dumbledore]] para roubarlle o seu posto. Esta actitud permitiu aos Devoradores da Morte actuar en segredo sen atopar oposición. Entrementres, os Devoradores da Morte presos puideron escapar de Azkaban e recrutar os [[dementor]]es á causa. Voldemort enviou un grupo deles, con [[Lucius Malfoy]] á fronte, ao Departamento de Misterios para recuperar a profecía. A batalla mantida no interior do Ministerio serviu para que Fudge admitira a volta dos meigos malvados.
 
{{Harry Potter}}