Edirne: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina da cidade Turquía Tracia
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de xaneiro de 2011 ás 10:24

Edirne (Nome romano: Adrianopolis; Grego: Adrianoupolis ou Ἁδριανούπολις ) (tamén coñecida coma Andrinopla ou Adrianópole, é unha cidade histórica, capital da provincia turca do mesmo nome, limítrofe con Bulgaria e Grecia. A cidade conta ao redor de cen mil habitantes. Está á beira do río Maritza (Meriç en turco). Os seus habitantes son os « Andrinopolitáns ».

Historia

Foi fundada no ano 125 polo emperador romano Adriano (de onde provén o seu nome romano Adrianopolis) sobre o lugar dunha aglomeración máis antiga denominada Orestias. A cidade foi sede dun antigo bispado.

Houbo moitas batallas en Adrianópole:

  • nunha, Constantin derrota o Licinius, en 323.
  • noutra, a famosa batalla de Adrianópole de 378 onde o exército romano foi comandada polo emperador Valens contra tribos xermánicos, principalmente os visigodos (Godos Thervingos) e os Ostrogodos (Godos Greuthungos), dirixidos por Fritigern.
  • o 14 de abril 1205, foi escenario doutra batalla histórica entre os búlgaros e o exército do emperador latino de Constantinopla Balduino de Flandes, que aquí foi encadeado. Geoffroi de Villehardouin, senescal de Champaña e cronista da 4ª cruzada, aquí mostra as súas dotes de estratego salvando ao exército cruzado da derrota.

Tanto a antiga Adrianópole coma a posterior Edirne, por causa da súa situación de punto de paso, troca progresivamente de poboadores: Godos, búlgaros, cruzados e otománs. Estes últimos fixérona, con Murad I, a súa capital en 1361. Adrianópole mantense coma capital otomana ata a toma de Constantinopla en 1453, a onde osOtománs trasladan a súa capital.

É nesta vila onde Sabbataï Tsevi foi detido e xulgado polo Sultán Mehmed IV en setembro de 1666. Para evitar unha certa condena a morte, profesa o islamismo, un acontecemento que marca o comezo do movemento dos sabbateáns.

Os rusos e os turcos asinadoron en Edirne en 1829 un traitado polo que os turcos cedían a Rusia a desembocadura do Danubio, aprobaron a libre navegación no mar Negro, recoñeceron a independencia dos gregos e o status da Valaquia, da Moldavia et da Serbia.

O fundador do Bahaísmo, Mirza Husayn Ali Nuri vivió catro anos en Edirne entre 1864 e 1868. A casa que habitou (coñecida baixo o nome de Beyaz Ev, literalmente: a casa branca) é un alto lugar de pelegrinaxe bahaí.

Foi cenario dunha célebre batalla durante a guerra ruso-turca de 1877-1878, que culmina co tratado de San Stefano.

Despois da primeira guerra dos Balcáns (outobro 1912-maio 1913), Edirne pasou a ser posesión búlgara, mais despois da segunda guerra dos Balcáns (xuño-xullo de 1913), volve a ser turca.

En 1918, Turquía atópase no lado dos vencidos da Primeira Guerra mundial. O tratado de Sèvres (agosto de 1920) cede Edirne - renomeada Adrianópole - a Grecia, despois Adrianópole - renomeada Edirne – foi reincorporada a Turquía polo Tratado de Lausanne en xullo de 1923.

Monumentos

  • A mesquita de Selim (Selimiye Camii) foi construída polo arquitecto Mimar Sinan durante máis de 80 anos entre 1568 e 1574 baixo o reinado do Sultán otomán Selim II. Co obxectivo de superar o desafíó que posuía a cúpula de Santa Sofía en Estambul: facendo unha cúpula aínda máis grande. De feito a súa cúpula mide dous metros máis de diámetro, mais Santa Sofía foi realizada cun milenio de antelación. Aínda así esta mezquita é unha das sobranceiras obras da arte otomana.
  • A Mesquita dos tres balcóns (Üç Şerefeli Cami) construída entre 1443 et 1447 baixo o reinado de Murad II. A súa planta é similar ás que Sina toman as súa proprias construccións.
  • A Antiga Mesquita (Eski Cami) que é un dos máis antigos monumentos otománs da cidade, comenzada baixo Suleiman (irmán e rival de Mehmed I Çelebi) en 1403 e rematada por Mehmed I en 1414. Sobre os seus muros a caligrafía proclama en árabe « Alá é grande » e « Mafomé é o seu profeta ».
  • La Mosquée de Murad (Muradiye Camii) construite pendant le règne de Murad II (1421-1451).
  • A Mesquita de Bayezid I (Yıldırım Bayezid Camii). É unha igrexa bizantina sobre unha planta cruciforme transformada en mesquita en 1400. Así pois o eixo do edificio non corresponde coa dirección da Meca.
  • O Complexo de Bayezid II (Bayezit Külliyesi) é un conxunto arquitectural que comprende unha mesquita, unha escola de teoloxía (madrasa), unha escola de medicina, un hospital psiquiátrico (darüşşifa), un albergue para pelegrins (imaret), un baño (hamam), e unhas cociñas. O psiquiátrico é un avance con respecto á o correspondente no occidente cristián.
  • Unha Grande Sinagoga, copia da de Viena e construída entre 1903 e 1907, foi a máis grande sinagoga dos Balcáns.
  • A Igrexa búlgara de San Xurxo.
  • Varios museos.

O “vermello” de Adrianópole

No dominio da cor e dos tinxidos existe un vermello denominado coma vermello de Adrianópole Está composto dun cromado de chumbo e dun óxido de chumbo: un pigmento tóxico que está en vías de eliminación. A súa composición actual é exactamente a mesma que a versión do xa extinguido amarelo de cromado laranxa. De feito o termo “vermello de Adrianópole” corresponde a unha antiga lagoa lingüística, xa que hoxe en día sería clasificado entre os laranxas, e contén eosina.

Consta cun proceso de fabricación que foi un grande segredo comercial dende a Idade Media. Gorduras rancias, aceite, ouriños e excrementos, sangues animais: a fabricación, era en consecuencia, insalubre. Esta cor utilizábase principalmente en tinxidos.

Enlaces externos