Universo de Harry Potter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Toliño (conversa | contribucións)
Liña 50:
Os '''meigos de vello''' son aqueles meigos e meigas que teñen esta condición máxica na súa árbore xenealóxica ao completo. Aínda que tecnicamente os meigos de vello non teñen devanceiros muggles, é moi raro atopalos ou poida que non existan, dado que moitos ignoran ou descoñecen que teñen algún muggle na súa familia<ref>{{Cita Web|url=http://www.jkrowling.com/textonly/en/faq_view.cfm?id=100|título=Section: F.A.Q.|obra=JKRowling.com|dataacceso=4 de xaneiro de 2011}}</ref>. Co fin de manter a súa pureza de sangue, estas familias máis radicais adoito practican a endogamia e casan cos curmáns. Aqueles meigos de vello que se consideran superiores cren que a pureza de sangue é un xeito de medir as habilidades máxicas, aínda que nos libros existen claros exemplos do contrario; así como tampouco todos os meigos de vello posúen ese sentimento de supremacía.
 
Rowling inclúe varios trazos en común entre os meigos de vello e a ideoloxía [[nazi]] en ''[[Harry Potter e as reliquias da morte]]'', libro no que rolda a crenza de que os meigos de vello teñen o dereito para dominar o mundo muggle e ser eles a "raza xefe"<ref>{{Cita Web|url=http://www.the-leaky-cauldron.org/2007/11/19/new-interview-with-j-k-rowling-for-release-of-dutch-edition-of-deathly-hallows|título=New Interview with J.K. Rowling for Release of Dutch Edition of "Deathly Hallows"|obra=TheLeakyCauldron.org|data=19 de novembro de 2007|dataacceso=4 de xaneiro de 2011}}</ref>. En ''[[The Tales of Beedle the Bard]]'', Dumbledore asegura que a pureza de sangue non existe e que tan só é unha ficción mantida e unha fraude dalgúns meigos.
 
=== Mestizo ===