Universo de Harry Potter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
Toliño (conversa | contribucións)
nova sección; tradución parcial de en.wp
Liña 2:
O '''universo ficticio de ''[[Harry Potter]]''''' creado por [[J. K. Rowling]] na saga de novelas de fantasía comprende dúas sociedades distintas e separadas: o '''mundo máxico''' e mais o '''mundo dos [[muggle]]s'''. Ambos os mundos coexisten na mesma realidade; o primeiro deles, agochado para os habitantes do outro, é onde se sitúa a trama principal da serie, nunha Gran Bretaña contemporánea na que a [[maxia]] é real e aqueles que poden empregala viven á parte dos muggles, que a descoñecen; o segundo é o nome outorgado ao mundo habitado pola poboación muggle ou non-máxica.
 
== Xeografía ==
Non existe ningunha terra máxica separada do mundo real no universo de ''Harry Potter''. O mundo máxico coexiste co mundo dos muggles carentes de poderes, que descoñecen a existencia do primeiro. A trama desenvólvese nas terras de Gran Bretaña, e o único núcleo enteiramente de poboación máxica coñecido é a vila de [[Hogsmeade]]. A inmensa maioría das localizacións de meigos e meigas están integradas na área non-máxica. Deste modo, varias comunidades de familias viven a miúdo en territorios muggle ou mesmo en zonas illadas.
 
== Goberno ==
{{AP|Ministerio de Maxia}}
O Ministerio de Maxia é a autoridade central para os meigos da rexión británica. A organización do departamento realízase a través de numerosos departamentos e oficinas, liderados pola figura do Ministro de Maxia. O goberno menciónase por vez primeira en ''[[Harry Potter e a pedra filosofal]]'', mentres que o Ministro de Maxia, [[Cornelius Fudge]], faino en ''[[Harry Potter e a Cámara dos Segredos]]'' e as instalacións en ''[[Harry Potter e a Orde do Fénix]]''.
Liña 11:
Algunhas das persoas que estiveron no posto de Ministro de Maxia foron: [[Millicent Bagnold]], [[Cornelius Fudge]], [[Rufus Scrimgeour]], [[Pius Thicknesse]] e [[Kingsley Shacklebolt]].
 
== Economía ==
{| class="wikitable" align="right" style="width: 33%; text-align: center"
!Un knut é
Liña 33:
En 2001, J. K. Rowling dixo nunha entrevista que un galeón eran aproximadamente cinco [[Libra esterlina|libras esterlinas]] (uns 5,50[[Euro|€]]), aínda que "os valores ao cambio varían"<ref>{{Cita Web|url=http://www.quick-quote-quill.org/articles/2001/0301-comicrelief-staff.htm|título=J.K. Rowling, Comic Relief 2001 interview|urlarquivo=http://web.archive.org/web/20080703225018/www.accio-quote.org/articles/2001/0301-comicrelief-staff.htm|dataacceso=30 de novembro de 2006|dataarquivo=5 de decembro de 2009}}</ref>.
 
== Educación ==
{{AP|Hogwarts}}
Antes de Hogwarts, non existe ningunha educación oficial preliminar. Os pais ensinan aos fillos as leccións básicas non-máxicas, tales como ler, escribir e aritmética. Porén, non existen leis de educación que obriguen ao ingreso na escola de maxia.
Liña 39:
Despois de completar os sete anos en Hogwarts, non hai ningunha educación estándar nin universidades para meigos. Considérase que aqueles alumnos que superen os anos escolares están listos para desempeñar funcións adultas, malia que algunhas profesións necesitan programas de adestramento especiais.
 
=== Escolas estranxeiras coñecidas ===
Ademais de Hogwarts en Gran Bretaña, sábese da existencia doutras escolas de maxia en varias partes do mundo.
*A [[Beauxbatons|Acedemia Beauxbatons de Maxia]]
*O [[Durmstrang|Instituto Durmstrang]]
 
== Pureza de sangue ==
==Notas==
A separación entre o mundo máxico e o dos muggles fixo a moitos meigos ser partidarios dun afastamento permanente. Esta visión fixo a unha minoría a ver os muggles como carentes de confianza, paspáns e mesmo como unha raza inferior. Non obstante, a mestizaxe é algo habitual ao casaren algúns meigos con muggles.
 
=== Meigo de vello ===
Os '''meigos de vello''' son aqueles meigos e meigas que teñen esta condición máxica na súa árbore xenealóxica ao completo. Aínda que tecnicamente os meigos de vello non teñen devanceiros muggles, é moi raro atopalos ou poida que non existan, dado que moitos ignoran ou descoñecen que teñen algún muggle na súa familia<ref>[http://www.jkrowling.com/textonly/en/faq_view.cfm?id=100] ''JKRowling.com'' Consultado o 24 de abril de 2007.</ref>. Co fin de manter a súa pureza de sangue, estas familias máis radicais adoito practican a endogamia e casan cos curmáns. Aqueles meigos de vello que se consideran superiores cren que a pureza de sangue é un xeito de medir as habilidades máxicas, aínda que nos libros existen claros exemplos do contrario; así como tampouco todos os meigos de vello posúen ese sentimento de supremacía.
 
Rowling inclúe varios trazos en común entre os meigos de vello e a ideoloxía [[nazi]] en ''[[Harry Potter e as reliquias da morte]]'', libro no que rolda a crenza de que os meigos de vello teñen o dereito para dominar o mundo muggle e ser eles a "raza xefe"<ref>[http://www.tolerance.org/news/article_tol.jsp?id=1256 http://www.tolerance.org/news/article_tol.jsp?id=1256] ''Tolerance.org'' Consultado o 24 de abril de 2007.</ref>. En ''[[The Tales of Beedle the Bard]]'', Dumbledore asegura que a pureza de sangue non existe e que tan só é unha ficción mantida e unha fraude dalgúns meigos.
 
=== Mestizo ===
 
=== Fillo de lameiro ===
 
=== Squib ===
 
== Notas ==
{{Listaref}}