Universo de Harry Potter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
comezo o artigo; {{enuso}}
 
Toliño (conversa | contribucións)
sección para o goberno; tradución parcial de en.wp
Liña 1:
{{Enuso}}
O '''universo ficticio de ''[[Harry Potter]]''''' creado por [[J. K. Rowling]] na saga de novelas de fantasía comprende dúas sociedades distintas e separadas: o '''mundo máxico''' e mais o '''mundo dos [[muggle]]s'''. Ambos os mundos coexisten na mesma realidade; o primeiro deles, agochado para os habitantes do outro, é onde se sitúa a trama principal da serie, nunha Gran Bretaña contemporánea na que a [[maxia]] é real e aqueles que poden empregala viven á parte dos muggles, que a descoñecen; o segundo é o nome outorgado ao mundo habitado pola poboación muggle ou non-máxica.
 
==Goberno==
{{AP|Ministerio de Maxia}}
O Ministerio de Maxia é a autoridade central para os meigos da rexión británica. A organización do departamento realízase a través de numerosos departamentos e oficinas, liderados pola figura do Ministro de Maxia. O goberno menciónase por vez primeira en ''[[Harry Potter e a pedra filosofal]]'', mentres que o Ministro de Maxia, [[Cornelius Fudge]], faino en ''[[Harry Potter e a Cámara dos Segredos]]'' e as instalacións en ''[[Harry Potter e a Orde do Fénix]]''.
 
Algunhas das persoas que estiveron no posto de Ministro de Maxia foron: [[Millicent Bagnold]], [[Cornelius Fudge]], [[Rufus Scrimgeour]], [[Pius Thicknesse]] e [[Kingsley Shacklebolt]].
 
{{Harry Potter}}