Enrique Mayer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
remato
Liña 1:
'''Enrique Mayer Castro''', nado en [[Santiago de Compostela|Compostela]] en abril de 1861 e morto na mesma cidade en novembro de [[1931]], foi un gravador e [[acibeche|acibecheiro]] que colaborou en distintas revistas galegas de arte e [[arqueoloxía]] de primeiros de século XX.
{{en uso}}
'''Enrique Mayer Castro''', nado en [[Santiago de Compostela|Compostela]] en 1861 e morto na mesma cidade en 1931, foi un gravador e [[acibeche|acibecheiro]] que colaborou en distintas revistas galegas de arte e arqueoloxía de primeiros de século XX.
 
==Traxectoria==
Liña 7 ⟶ 6:
Cando regresou a Santiago se dedicou ó gravado en madeira e metal, publicando as súas obras en distintas revistas, coma porf exemplo ''Galicia Diplomática''. Ilustrou tamén os libros de [[Antonio López Ferreiro]] ''Lecciones de arqueología sagrada'', ''El Pórtico de la Gloria'' e ''Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela''.
 
Participou nos certames de Artes e Oficios de Santiago en [[1881]], onde obtén un ''diploma de primeira'', e [[1885]], cando obtén unha medalla de prata. Tamén acode á Exposición Rexional de Lugo de [[1896]] <ref>A ''Gran Enciclopedia Galega'' dá 1896 como data de celebración desta exposición de Lugo, pero na biografías de colaboradores da revista ''Gelmírez'' dáse a de 1885.</ref>, e obtén un diploma de honra; á Exposición de Arte Galega de Bos Aires de [[1920]] e á Exposición Nacional de Artes Decorativas, de Madrid, en [[1926]].
 
En [[1903]] publicou un traballo de investigación na revista ''[[Galicia Histórica]]'', baixo o título "''Prioridad de un artista santiagués respecto al perfeccionamento del grabado en madera''", no que desenvolve as técnicas de gravado en [[buxo]] de pé que xa se utilizaban en Santiago en [[1730]], 40 anos antes de que o gravador inglés [[Thomas Bewick]] (1753-1828) presentara esta técnica como novedosa.
Liña 18 ⟶ 17:
 
Foi pai do tamén gravador santiagués [[Enrique Mayer Méndez]] (1907-2001), pai á súa vez dos tamén artistas Enrique e Santiago Mayer Viña.
 
==Notas==
{{listaref|1}}
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* Catálogo da exposición'' Os debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra'', Museo de Pontevedra 1995.
* ALONSO GIRGADO, Luís: ''Gelmírez. Hojas de otoño a primavera'' (1945-1946(, en edición facsimilar do [[Centro Ramón Piñeiro]], Santiago de Compostela 1995.
* ''Gran Enciclopedia Galega'', Lugo 2003.
 
[[Categoría:Pintores galegos|Mayer]]
[[Categoría:Nados en Santiago de Compostela|Mayer]]