Enrique Mayer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Procedía dunha familia de artesáns alemáns afincada en Santiago, dedicada á fabricación de [[reloxo]]s e [[caixa de música|caixas de música]], aínda que el decantouse polo debuxo e o gravado. Estudou na Sociedade Económica de Santiago e foi alumno de [[Modesto Brocos]], así como tamén dedo [[xilografía|xilógrafo]] [[Arturo Carretero]] cando marchou a estudar en [[Madrid]].
 
Cando regresou a Santiago se dedicou ó gravado en madeira e metal, publicando as súas obras en distintas revistas, coma porf exemplo ''Galicia Diplomática''. Ilustrou tamén os libros de [[Antonio López Ferreiro]] ''Lecciones de arqueología sagrada'', ''El Pórtico de la Gloria'' e ''Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela''.
 
Participou nos certames de Artes e Oficios de Santiago en [[1881]], onde obtén un ''diploma de primeira'', e [[1885]], cando obtén unha medalla de prata. Tamén acode á Exposición Rexional de Lugo de [[1896]], e obtén un diploma de honra; á Exposición de Arte Galega de Bos Aires de [[1920]] e á Exposición Nacional de Artes Decorativas, de Madrid, en [[1926]].
Liña 11:
En [[1903]] publicou un traballo de investigación na revista ''[[Galicia Histórica]]'', baixo o título "''Prioridad de un artista santiagués respecto al perfeccionamento del grabado en madera''", no que desenvolve as técnicas de gravado en [[buxo]] de pé que xa se utilizaban en Santiago en [[1730]], 40 anos antes de que o gravador inglés [[Thomas Bewick]] (1753-1828) presentara esta técnica como novedosa.
 
Desde [[1890]] ata 1893 traballou como profesor de debuxo na Sociedad Económica, e en [[1893]] ocupou o cargo de profesor de debuxo artístico na Escola de Artes e Oficios de Santiago, ata a súa xubilación en 1931. Tamén contribuiu no recoñecemento e recuperación da acibechería en Santiago. En [[1897]] foi nomeado socio de mérito da Asociación de Artes Gráficas de Santiago, e en [[1919]] membro correspondente da sección de Belas Artes do Instituto de Estudos Galegos da Coruña.
 
Colaborou con [[Enrique Campo]] na recollida de material para a Exposición Rexional Galega celebrada en Santiago en [[1909]], realizando con el diferentes debuxos de monumentos e outros elementos artísticos ó longo dunha viaxe pola provincia de Pontevedra -e parte da de Ourense- entre maio e outono dese ano. Durante esta viaxe, Mayer interesouse especialmente polos [[heráldica|escudos]] existentes nas zonas que estudaron.
 
É autor dunha pequena estatua do [[apóstolo Santiago]] en acibeche e prata que se expón no [[Museo Catedralicio de Santiago de Compostela|Tesouro]] da [[Catedral de Santiago|catedral compostelá]]. O [[Museo de Pontevedra]], pola súa banda, conserva un bo número de láminas a plumiña de escudos, sartegos e inscricións, realizadas con gran minuciosidade.
 
Foi pai do tamén gravador santiagués [[Enrique Mayer Méndez]] (1907-2001), pai á súa vez dos tamén artistas Enrique e Santiago Mayer Viña.
Liña 21:
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
* Catálogo da exposición'' Os debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra'', Museo de Pontevedra 1995.
* ''Gran Enciclopedia Galega'', Lugo 2003.