Pompeia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 11:
No ano [[62]] un terremoto estragou seriamente Pompeia e outras cidades próximas. Durante o período que vai entre ese ano e o ano [[79]], ano da erupción do Vesubio, a cidade foi reconstruída, quizais con maior suntuosidade nos edificios e máis arte que antes.
 
==O VesubioVesuvio sepulta a cidade==
[[Ficheiro:Pompeii the last day 1.jpg|thumb|Pompeia en erupción, foto reconstruída por computadora.]]
 
En agosto do ano [[79]] unha erupción do monte Vesubio escureceu o ceo e sepultou a cidade. As únicas crónicas fiábeis do ocorrido foron escritas por [[Plinio o Xove]] nunha carta enviada ao historiador [[Publio Cornelio Tácito]]. Plinio observou desde a súa vila en [[Miseno]] (a 30 km do Vesubio[[Monte Vesuvio|Vesuvio]]) un estraño fenómeno: Unha grande nube escura con forma de piñeiro saíndo do cume do monte. Ao cabo dun tempo, a nube descendeu polas abas do Vesubio e cubriu todo polos arredores, incluíndo o mar.
 
A "nube" sobre a que escribiu Plinio coñécese actualmente como fluxo [[piroplástico]], unha nube de gas, cinza e rocha sobrequentados que é expulsada por un [[volcán]]. Plinio constatou que houbo varios tremores de terra antes e durante a erupción. Tamén anotou que as cinzas caían en capas moi gordas e Miseno tivo que ser evacuada.