Washukanni: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: tr:Vaşşuganni
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Washukanni''' ou Waššukanni (tamén Washshukanni, Wassuganni, Vasukhani e outros variantes) foi a capital do reino hurrita de [[Mitanni]].
 
== Historia ==
Identificouse coa moderna [[Tell al-Fakhariya]], no [[río Khabur]], en [[Siria]]. Estase a escavar na zona, no Tell al-Fakhariya, [[Ras al-Ayn]] e [[Tell Halaf]]. Atopouse unha cidade asiria de nome [[Sikan]], que sería a versión asiria do nome Washukanni (orixinal Wa-Sikan-nin). Porén, aínda non se atoparon restos hurritas.
 
A cidade de Washukanni foi capital de Mitanni desde polo menos o [[-1500]] ata aproximadamente o [[-1270]], e o seu nome en [[sánscrito]] querería dicir "mina rica". Sobre o [[-1400]] foi probabelmente ocupada temporalmente polos [[hititas]] e unida ao reino de [[Kizzuwatna]] (vasalo hitita naquel momento), pero este dominio foi curto. Sobre o [[-1350]] foi saqueada polo hitita [[Suppiluliumas I]], quen instalou nela un rei vasalo, [[Mattiwaza]]. Foi ocupada por [[Asiria]] sobre o [[-1290]] e despois outra vez o [[-1270]]. Desde entón o país foi a provincia asiria de [[Hanigalbat]] e construíuse unha nova capital rexional.
 
[[Categoría:Hurritas]]