Hogwarts: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
engado unha caixa con información básica sobre Hogwarts
Toliño (conversa | contribucións)
sección sobre a Cámara dos Segredos; tradución de en.wp
Liña 37:
'''Slytherin''' valora a ambición, a astucia, as dotes de mando, a iniciativa e, por riba de todo, a pureza de sangue. A súa mascota é a serpe e as súas cores son a verde e a prata. O xefe da casa é o profesor de [[#Apócemas|Apócemas]], [[Severus Snape]], nos primeiros cinco libros e na maior parte do sexto; ao final do sexto e no sétimo, o antigo profesor de Apócemas e anterior xefe da casa, [[Horace Slughorn]], volve do retiro e reasume a autoridade da casa. A pantasma é o [[Barón Sanguiñento]]. O fundador da casa é Salazar Slytherin. Aos dormitorios e á sala común chégase a través dunha parede de pedra espida situada nos alxubes. A sala común de Slytherin é longa e sobria, e e está baixo o lago de Hogwarts.
 
==Expreso Secretos de Hogwarts ==
Hogwarts posúe unha manchea de lugares e pasaxes secretos.
 
=== Cámara dos Segredos ===
A '''Cámara dos Segredos''', agochada baixo a escola, era a morada dun antigo [[basilisco]], destinado a limpar o castelo dos estudantes [[Universo de Harry Potter#Pureza de sangue|nacidos de muggles]]. [[Salazar Slytherin]], un dos fundadores de Hogwarts, constuíu a Cámara antes de deixar o colexio.
 
A entrada á Cámara dos Segredos atópase no cuarto de baño de [[Myrtle a Choricas]] no segundo andar. Cómpre falarlle [[lingua pársel]] á billa que ten unha serpe gravada. O lavabo ábrese e aparece un conduto suficientemente grande para que unha persoa escorregue por el. Ao final do túnel hai moitos esqueletos de pequenos animais ciscados polo chan e a muda de pel do basilisco. O túnel vai dar a unha parede sólida, con dúas serpes entrelazadas con esmeraldas nos ollos. Ao dicir algo en pársel ábrense para dar paso a un corredor longo e escuro ocupado por dúas liñas de enormes estatuas de serpes aos lados; e no centro, unha estatua colosal de Salazar Slytherin. O basilisco aloxado no interior desta estatua só emerxe, a través da súa boca, coa chamada do herdeiro de Slytherin, ao que obedecerá.
 
== Expreso de Hogwarts ==
[[Ficheiro:GWR 'Hall' 5972 'Olton Hall' at Doncaster Works.JPG|thumb|A locomotora empregada nos filmes como Expreso de Hogwarts.]]
O '''Expreso de Hogwarts''' é un tren máxico que leva os estudantes de Londres a [[Hogsmeade]]. O tren sae do [[andén nove e tres cuartos]] da [[Estación de King's Cross|estación de ferrocarrís de King's Cross]] e vai sen deterse ata a estación de ferrocarrís de Hogsmeade. Os compartimentos do tren están clasificados por letras. N’''a pedra filosofal'', Harry coñece aos seus dous mellores amigos, Ron e Hermione, na súa primeira viaxe no Expreso de Hogwarts. A locomotora empregada nas adaptacións cinematográficas é o modelo GWR 4900 Class 5972 ''Olton Hall''.
 
== Notas ==
{{Listaref}}