Voto aprobatorio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.5.2) (bot Modificado: sv:Acceptröstning; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Approval ballot.svg|thumb|right|Nunhas eleccións con voto aprobatorio, o votante pode votar por calquera número de candidatos.]]
O '''voto aprobatorio''' é un [[sistema de votación]] usado en [[eleccións]], onde cada votante pode votar por tantos candidatos como desexe. É normalmente usado en elección nas que só pode haber un gañador. Pode ser usado en eleccións de gañador múltiple tamén, porén, nesta versión ten propiedades matemáticas moi diferentes, como embaixo se indica. O voto aprobatorio é unha forma primitiva de [[voto valorativo]], onde as opcións do votante son extremadamente poucas: aceptar ou rexeitar. O voto aprobatorio evita a paradoxo presentada polo [[Teorema de imposibilidade de Arrow]] xa que non é un sistema de orde preferencial.
 
O método foi descrito nun ensaio de 1968 do astrónomo [[Guy Ottewll]] e publicado en 1977 baixo o nome de "The Arithmetic of Voting"<ref>http://www.universalworkshop.com/pages/ArithmeticOfVoting.htm </ref>. O termo "voto aprobatorio" foi acuñado por [[Robert J. Weber]] en 1976, mais foi totalmente desenvolvido en 1977 e publicado en 1978 polo politólogo [[Steven Brams]] e o matemático [[Peter Fishburn]]. Historicamente, algo semellante ó voto aprobatorio foi utilizado durante o século XIII na [[República de Venecia]] e nas eleccións parlamentarias da [[Inglaterra]] do século XIX. Ademais, as Nacións Unidas usan un proceso semellante para elixir ó seu Secretario Xeral. Aínda que proposto en países como os Estados Unidos, actualmente non é usado en ningunhas eleccións públicas.
 
== Procedemento ==
Cada votante pode votar por tódalas opcións que queira, como máximo unha vez por opción. Isto ñe equivalente a dicir que cada votante pode "aprobar" ou "rexeitar" cada opción votando ou non por ela, e tamén é equivalente a dicir que é votar +1 ou 0 nun sistema de votación por rango. A opción con máis votos após o reconto gaña.
 
== Exemplo ==
Imaxinemos que a poboación de [[Galiza]] vota a localización da súa capital. Para este exemplo, supoñamos que a poboación de Galiza está concentrada en catro cidades, sitas en todo o país, e que todo o electorado, que quere que a capital se estableza o máis preto posíbel da súa cidade, vive nestas catro.
 
Liña 56:
Santiago de Compostela seguiría a se-la capital de Galiza por voto aprobatorio.
 
=== Potencial para o voto táctico ===
O voto aprobatorio pasa o [[criterio da monotonicidade]], no que a elección dun candidato nunca reduce as posibilidades de gañar dese candidato. Sen dúbida, nunca hai un motivo para o [[voto táctico]] polo candidato X sen votar por por tódolos candidatos que o votante prefira por riba do candidato de X. Tampouco é necesario votar por un candidato que lle guste menos ó votante que o candidato X para que X sexa elixido. Así, após que o votante decida a súa preferencia, só necesita decidir a cantos candidatos votará: en caso de ''n'' candidatos, vota a os seus ''k'' candidatos favoritos, onde 0 < ''k'' < ''n'', sendo ''k'' decidido previamente (''k'' =0 ou ''k''= ''n'' é inutil). Se o votante pensa que os dosu candidatos mais votados serán aqueles que estan nas posicións ''p'' e ''q'', que na súa lista de preferencias están situados ''p'' > ''q'', debe elixir ''k'' entre ''p'' e ''q'', por exemplo, votando por ''p'' e non por ''q''.
 
Liña 81:
* Santiago de Compostela: 43 votos
 
== Notas ==
<references />
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Voto]]
* [[Eleccións]]
 
[[Categoría:Eleccións]]
Liña 106:
[[ru:Одобрительное голосование]]
[[simple:Approval voting]]
[[sv:Approval votingAcceptröstning]]
[[zh:连记投票]]