Saudade (revista): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{outroshomónimos|Saudade (homónimos)}} A revista '''''Saudade''''' foi unha publicación galega que se publicou en México entre 1942 e 1953. Estaba edita..."
 
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
 
Dentro da liña editorial de ''Seudade'' estivo sempre a defensa da [[lingua]] e o seu mantemento e difusión fóra de Galicia. No número 7 [[Ramón Cabanillas]] di que a lingua é a defensa e o máis transcendente signo de identidade do país. A lingua é unha bandeira ideolóxica que centra frases propagandísticas e textos doutrinais ao longo dos sete números da publicación. Mesmo con frecuencia os anuncios das páxinas [[Publicidade|publicitarias]] levan textos en [[galego]]. As achegas de colaboradores non galegos foron tamén traducidas ó galego. Os textos en [[castelán]] pouquean.
 
''Saudade'' tomou como motivo principal a publicación de contidos relacionados co ámbito galego, máis concretamente os de interese para os exiliados galegos en México. Trátase de páxinas de carácter cultural, defensoras e divulgadoras da lingua en [[América]], con atención particular á creación [[Literatura galega|literaria]]. A súa orientación [[política]] é de signo [[Galeguismo (política)|galeguista]] e [[Nacionalismo galego|nacionalista]], e a súa posición antifascista intensifícase nos dous derradeiros números.
 
== Contidos ==
''Saudade'' caracterizouse como revista de contido [[Poesía|poético]], con máis do 30% dos textos publicados na revista. Os textos en [[prosa]] eran minoritarios e consistían en artigos de crítica e [[ensaio]], [[narrativa]] e [[poética]]. A temática galega foi constante nas páxinas dedicadas a escritores, á [[emigración]], [[historia]], [[folclore]], [[economía]], [[música]], lingua, política de Galicia, [[celtismo]] e [[atlantismo]], etc.
 
As ilustracións son relativamente escasas, sempre en [[branco e negro]] e normalmente de pequeno formato. Predominan as inspiradas en figuras, [[paisaxe]]s e escenas galegos. A [[fotografía]] foi empregada en contadas ocasións. Colaboraron os ilustradores [[Arturo Souto|Arturo]] e [[Uxío Souto]], [[Manuel Colmeiro Guimarás|Manuel Colmeiro]], Zarzalejo, [[Carlos Maside]], [[Cándido Sánchez Mazas]] ou [[Ramiro Illa Couto]], que normalmente non asinaban as súas obras.