Abreviatura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.5.2) (bot Engadido: rw:Amagambo ahinnye; cambios estética
Liña 3:
Calquera escritor pode crear unha abreviatura para o seu uso particular. No entanto moitas abreviaturas teñen unha forma convencional de uso xeral. Debido a esta facultade do escritor, adoita ser unha norma de estilo que as abreviaturas particulares ou as de uso específico sexan recollidas nun glosario ao principio ou o final da obra (especialmente cando esta é extensa e ten formato de libro).
 
== Métodos para abreviar ==
 
Habitualmente considéranse dúas formas normais de abreviación: '''truncamento''' e '''contracción'''. A primeira implica a eliminación da parte final da palabra (por exemplo, "av." por ''avenida''). As abreviaturas obtidas por truncamento nunca poden rematar en [[vogal]] (por exemplo, aínda que en inglés é moi habitual, a abreviación "ave." por ''avenida'' é incorrecta en galego). Na construción de abreviaturas por contracción, elimínanse as letras centrais da palabra e déixanse só as letras máis representativas (por exemplo, "avda." por ''avenida''). Neste segundo método, é habitual o uso dunha letra ou letras finais voadas (por exemplo, "adm.<sup>or</sup>" por ''administrador'' ou "n.º" por ''número''). Estas letras voadas poden escribirse subliñadas ou sen subliñar.
Liña 19:
O uso de abreviaturas está fortemente ligado á presentación impresa do escrito. Así, debe evitarse o uso dunha abreviatura cando sexa a única palabra que aparece nunha liña do texto (nese caso debe substituírse pola palabra non abreviada) e non se admite o seu uso para expresións que abrevian varias palabras cando a abreviatura completa non pode escribirse na mesma liña do texto. Por suposto, isto deixa entrever que non se permite a división dunha abreviatura ao final dunha liña.
 
== Abreviaturas convencionais ==
 
Moitas abreviaturas teñen unha forma convencional tan estendida, que o seu uso é case universal. Neste tipo de abreviaturas, é importante fixarse nas letras das que constan (por exemplo, "Av." ou "Avda.") e na forma en que se escriben (en maiúsculas ou en minúsculas; singular ou plural; con ou sen punto).
Liña 25:
Estes son algúns exemplos de abreviaturas convencionais:
 
* antes de Cristo: '''a. C.'''
* Anno Dómini: '''A. D.'''
* administración: '''admón.'''
* etcétera: '''etc.'''
 
En realidade sería demasiado prolixo detallar neste artigo tódalas abreviaturas convencionais (a lista ofrecida pola RAE contén case 350 abreviaturas deste tipo). De feito, hai moitas máis. Moitas se usan a diario e acaban incorporadas ata na [[linguaxe]] falada e no [[dicionario]] (como o caso de ''fax'' forma abreviada de ''facsímile'').
Liña 34:
As abreviaturas dos ordinais tamén seguen un convenio normalizado: escríbese o numeral correspondente e logo engádese a terminación en forma voada (en función de que a palabra termine en "-er" ou "-a" ou "-ou").
 
* primeiro: '''1.º'''
* segunda: '''2.ª'''
* terceiro: '''3.<sup>eiro</sup>
* vixésimo quinto: '''25.º'''
 
== Uso das abreviaturas ==
 
O seu uso non debe ser indiscriminado e debe ser eficaz. Por exemplo, calquera abreviatura debe suprimir polo menos dúas letras da palabra abreviada, aínda que hai algunhas abreviaturas de uso xeral que non cumpren esta norma. Tampouco é adecuado utilizalas con cantidades cando estas están expresadas en letra. Por exemplo, é incorrecto escribir "cincuenta eur.", sendo máis adecuado utilizar a palabra completa: "cincuenta euros". Outra norma de estilo é non utilizar abreviaturas de tratamento cando a palabra abreviada non precede ao nome propio. Por exemplo, é incorrecto o seu uso en "...un Sr. estaba...", sendo neste caso necesario o uso da forma non abreviada. Esta norma tamén é aplicable ao uso de abreviaturas que se refiren ao tipo de vía.
 
== Símbolos, siglas e acrónimos ==
 
Como antes se indicaba, existen algunhas abreviaturas e abreviacións que seguen unhas regras propias de uso, como son os [[símbolo]]s, as [[sigla]]s e os [[acrónimo]]s:
 
Os [[símbolo]]s son abreviacións de carácter científico técnico. Non levan punto ao final, nin poden cambiarse por maiúsculas, nin se pluralizan:
* Os símbolos do [[sistema métrico decimal]] como o de [[quilogramo]] (kg), sendo incorrectas as formas: *kg. / *Kg / *kgs.
* Os símbolos dos puntos cardinais: N, S, L, O, SO,... sendo incorrectas as formas *L. terminada en punto, *W do [[Lingua inglesa|inglés]] ou *E do [[lingua castelá|español]].
* Os símbolos monetarios como o do euro (€) ou o do dólar ($).
* Os símbolos do sistema periódico: He, Fe, Cu.
Un exemplo evidente do que ocorre cando utilizamos maiúsculas nun símbolo é o cambio de significado que pode darse ao símbolo: a diferenza que existe entre os ''[[milímetro]]s'' ("mm") e os ''[[megámetro]]s'' ("Mm") -aínda que non é unha unidade habitual un Mm é equivalente a mil quilómetros-.
 
Liña 59:
Os [[acrónimo]]s son abreviacións formadas pola concatenación de elementos de dúas ou máis palabras. Por exemplo "teleserie" ou "Inserso". Tamén son acrónimos as siglas que se poden pronunciar como unha palabra como "[[OTAN]]" ou "[[ovni]]". Moitos acrónimos doutras [[lingua]]s son incorporados como palabras ao galego, como: ''radar'' ou ''láser''; e algúns se formaron da [[tradución]] dos correspondentes acrónimos de devanditas linguas, como: ''[[sida]]''.
<br />
 
 
[[Categoría:Lexicoloxía]]
Liña 101 ⟶ 100:
[[ro:Abreviere]]
[[ru:Аббревиатура]]
[[rw:Amagambo ahinnye]]
[[sh:Kratica]]
[[simple:Abbreviation]]