Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Liña 7:
Cando a regra de [[Bieito de Nursia]] comezou a espallarse, avanzado o século X, por Galicia, este mosteiro aparece como un dos grandes centros monásticos do [[Reino de Galicia]] tras o pulo dado ao monacato por [[Aldara de Celanova]] e o seu fillo [[Rosendo de Celanova]]. Desa época é a tradición que fala da retirada a este mosteiro de nove bispos, así como da posible residencia nel da raíña [[Goto]] trala morte do seu home o rei de Galicia [[Sancho Ordóñez]]. Os nomes dos nove bispos eran Vimarasio, Gonzalo, Osorio, Froalengo, Servando, Viliulfo, Paio, Afonso e Pedro. Procedían das dióceses de [[Coímbra]], [[Ourense]], [[Iria]] e [[Astorga]]. Todos eles foron tidos por santos pola veneración popular, o que fixo de Santo Estevo de Ribas de Sil un centro de [[peregrinación]].
 
O rei de Galicia e León [[Afonso IX]] dotouno dun amplo couto xurisdiccional, que fixo deste mosteiro non só un centro de estudo, oración, esmola e hospitalidade senón tamén un núcleo de poder feudal libre do dominio señorial. Entre os seus priorados estaba outras importantes comunidades ([[mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil]], [[mosteiro de San VicenteVicenzo de Pombeiro]], tamén na Ribeira Sacra) todos eles catalizadores de actividades agrícolas, forestais e artesanais, ademais das propiamente culturais e relixiosas.
 
As medidas políticas dos [[Reis Católicos]], co somentemento dos mosteiros do Reino de Galicia ás novas cabeceiras castelás, fixeron que este fóra integrado na Congregación de Valladolid. Tras a axitación dos últimos anos da Idade media (revolución irmandiña, descabezamento da nobreza galega, implantación da Santa Irmandade e da [[Real Audiencia do Reino de Galicia]], amenceu un período de estabilidade e boas colleitas que propiciaron unha importante renovación arquitectónica en estilo [[renacentista]] e [[barroco]]. A chegada do abade de [[San Martiño Pinario]] e de Frei Juan de Corcuera, encargados de aplicar a reforma benedictina nos mosteiros desta orde no [[Reino de Galicia]], impulsaron as obras de reforma sobre a estructura medieval.