Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
cat
lig int
Liña 3:
 
==Historia==
As orixes remóntanse á neboenta época do eremitismo cristián do período do [[Reino Suevo]] impulsada por [[Martiño de Dumio]] que tivo na [[Ribeira Sacra]] un enclave privilexiado. Porén non será ata o [[921]] cando se teña a primeira testimuña documental; trátase dunha autorización do rei de Galicia [[Ordoño II]] ao abade [[Franquila]] para a reconstrucción dun moi antigo cenobio adicado ao primeiro mártir do [[cristianismo]], [[Estevo Mártir|Santo Estevo]].
 
Cando a regra de [[Bieito de Nursia]] comezou a espallarse, avanzado o século X, por Galicia, este mosteiro aparece como un dos grandes centros monásticos do [[Reino de Galicia]] tras o pulo dado ao monacato por [[Aldara de Celanova]] e o seu fillo [[Rosendo de Celanova]]. Desa época é a tradición que fala da retirada a este mosteiro de nove bispos, así como da posible residencia nel da raíña [[Goto]] trala morte do seu home o rei de Galicia [[Sancho Ordóñez]]. Os nomes dos nove bispos eran Vimarasio, Gonzalo, Osorio, Froalengo, Servando, Viliulfo, Paio, Afonso e Pedro. Procedían das dióceses de [[Coímbra]], [[Ourense]], [[Iria]] e [[Astorga]]. Todos eles foron tidos por santos pola veneración popular, o que fixo de Santo Estevo de Ribas de Sil un centro de [[peregrinación]].