Ctesias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
YurikBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: pl:Ktezjasz
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Ctesias''' ([[Cnido]], séculos [[século -V|V]]-[[século -IV|IV]] a.C.) foi un historiador grego e médico de [[Artaxerxes Mnemón]] na corte de [[Persia]]. Acompañouno na súa expedición do ano [[-401|401]] contra o seu irmán [[Ciro o Xove]]. É o autor dunha ''Historia de Persia'', ou ''Pérsica'' en 23 libros en dialecto [[xónico]] desde as orixes até o [[-389|389]] a.C. seguindo o modelo de [[Heródoto]] mais introducindo elementos novelescos. Consérvase un fragmento extenso en [[papiro]], así como un resumo de [[Focio I, Patriarca de Constantinopla|Focio]] ([[século IX]]) e fragmentos reproducidos por [[Plutarco]] e [[Diodoro Sículo]]. Redactou tamén tratados sobre os ríos e sobre a economía persa, e unha descrición da [[India]].
 
Os primeiros seis libros da ''Pérsica'' tratan da historia de [[Asiria]] e [[Babilonia]] até a fundación do [[Imperio Persa]]. Escribiunos en oposición a Herodoto e hoxe estímase que non son moi veraces.