Administrador de Infraestruturas Ferroviarias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Tradución do castelán
Liña 34:
 
== Rede de Adif ==
[[Ficheiro:Tmercancias08 2.JPG|thumb|350px|Rede de [[ancho ibérico]] de ''Adif'' e principais instalacións de mercancías.]]
Todas as liñas que pertencían a [[RENFE]] na súa escisión pasaron a titularidade estatal, sendo administradas por Adif. Á rede orixinal únense as liñas que foron construídas desde a creación de Adif.
 
Esta rede componse de todas as liñas de [[ancho de vía|vía ancha]] de [[España]], fóra das liñas [[Liña Barcelona-Vallès|Barcelona-Vallès]] e [[liña Lleida-La Pobla de Segur|Lleida-La Pobla de Segur]], de carácter rexional e pertencentes a [[FGC]]. Tamén inclúe unha liña de [[vía estreita]], a Liña C9 de [[Proximidades Madrid]].<ref name="anexos">[http://www.adif.es/es_ES/conoceradif/doc/CA_DRed_Anexos_mapas.pdf Declaración da Rede 2010, Anexos e Mapas] en Adif.es</ref>
 
=== Infraestruturas para mercancías ===
Adif mantén unha amplia rede de infraestruturas e terminais para o tratamento de mercancías. As instalacións de [[mercancía]]s divídense en dous grupos, 1 e 2, dependendo dos servizos que ofrezan.
 
Nas instalacións de mercancías, ademais dos labores típicos dunha [[estación de tren|estación ferroviaria]], pódense realizar todo tipo de manobras, transbordo de mercancías, manipulación de [[colector]]es, almacenaxe, planificación, aluguer de medios auxiliares, limpeza de material, aparcadoiro de vehículos, etc...
 
Ademais, os trens poden recibir varios servizos nas instalacións de Adif, como subministración de [[area]] e [[combustible]].
 
== Véxase tamén ==