Imre Lakatos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Paradanta (conversa | contribucións)
m →‎Pensamento: Arranxiño
Liña 9:
 
==Pensamento==
Introduciu a dimensión histórica no coñecemento científico. A filosofía da ciencia sen [[historia]] fica baleira e a a historia da ciencia sen filosofía é cega. Introduce a posibilidade de corrección das reconstrucciónsreconstrucións racionais por medio de estudos históricos independentes. Para el historia significa, por unha banda, conxunto de feitos históricos e, por outra, un conxunto de proposicións históricas. Calquera historia é unha reconstrucción cargada de teoría e de valor. Existe pois, tamén no eido científico, unha profunda conexión entre ámbolos dous planos.
 
Como Popper, entende que só é científico o refutable, o falsable. Considera inxel o positivismo científico que cré que se poden verificar sobre a experiencia as construccións científicas co fin de outorgarlles a categoría de verdade. Pero non comparte a crítica radical de [[Paul Feyerabend]] para quen non existen ciencias no sentido dos racionalistas senón humanidades.