Diferenzas entre revisións de «Escudo do Reino de Galicia»

 
==Orixe anglonormanda==
Durante os séculos XII e XIII, o desenvolvemento das armas reais por toda [[Europa]] e a adopción de símbolos para familias nobres e dominios patrimoniais como reinos, ducados e condados, levou á creación de armoriais; rexistros das armas que representaban aos reis da época. No caso do reino de Galiza no entanto, aconteceu o curioso feito de que cando a moda dos armoriais comezou a espallarse por Europa (finais do século XIII), o reino de Galiza xa non era independente, e carecía de rei propio, pois desde o ano [[1230]], o rei castelán [[Fernando III]] usurpara a coroa de Galiza e León, ás súas medias irmás.<ref>{{cita libro| autor =Elías e Pércopo| título = El Reino de Galicia hasta 1700, Volume 1| ano =| páxina = 67| publicación =ed. Galaxia, pax. 67| id = }}{{es}}</ref>
 
Esta circunstancia política explicaría a posible ausencia das armas de Galiza (o ''legio fortis'' ou león púrpura da monarquía galego-leonesa) nos armoriais europeos, porén a longa existencia do reino de Galiza e a súa relevancia histórica debían facer impensable a non aparición dunhas armas de Galiza, sendo probablamente o factor que levou a que o autor do armorial [[Inglaterra|inglés]] coñecido como Segar´s Roll, realizado no ano [[1282]], asignase unhas armas figurativas ao rei de Galiza -''roy de Galyce''- que non obstante non eran empregadas por rei ningún, xa que Galiza deixara de posuír reis propios dende había 50 anos.
15.286

edicións