Metal Gear: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 9:
A secuela, ''[[Metal Gear 2: Solid Snake]]'', foi lanzada en [[1990]] para o [[Nintendo Entertainment System|NES]], soamente en Xapón. ''Metal Gear 2'' fixo moitas variacións e adicións ao xogo, incluíndo unha historia máis desenvolvida, xunto a significativas melloras á xogabilidade e á [[intelixencia artificial]]. Moitas destas características e argumentos, foron promovidos á secuela, ''[[Metal Gear Solid]]''. Aínda que ''Metal Gear 2'', como tal, non saíu á venda en [[Europa]] e [[América do Norte]] ata 15 anos despois, cando foi incluído en ''[[Metal Gear Solid 3: Subsistence]]''.
 
A saga ''Metal Gear'' regresou en [[1998]], na forma de ''[[Metal Gear Solid]]'', para a plataforma de [[PlayStation]] e [[Computador persoal|PC]], a cal adaptou a xogabilidade do seu predecesor ''Metal Gear 2'' a gráficos tridimensionais. Mentres que os dous primeiros títulos de ''Metal Gear'' tiveron un éxito moderado, ''Metal Gear Solid'' foi un grande éxito, vendendo máis de 6 (seis) millóns de unidades .{{cite web | editor=ContactMusic staff | year=2004 | title=Metal Gear Solid®3: Snake Eater Exclusively for PlayStation 2 | url=<ref>http://contactmusic.com/new/home.nsf/webpages/metalgearsolid3x21x05x03 | work=[</ref><ref>http://contactmusic.com/ contactmusic] | accessmonthday=29 de Abril | accessyear=2007}}</ref> Isto creou o camiño para similares xogos de infiltración, e ao mesmo tempo establecendo a ''Metal Gear'' como unha importante saga de [[Konami]].
 
''Metal Gear Solid'' foi seguido da secuela ''[[Metal Gear Solid 2: Sons of Liberty]]'', para a plataforma de [[PlayStation 2]] en [[2001]], o cal vendeu máis de 7 (sete) millóns de unidades, e máis tarde, en [[2003]], a versión para [[Computador persoal|PC]] e Xbox, "[[Metal Gear Solid 2: Substance]]".