Movemento social: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
m Hacia -> cara
Paradanta (conversa | contribucións)
m Hacia -> cara
Liña 4:
A maior parte dos autores coinciden en sinalar que o termo apareceu en [[Alemaña]] na década de 1970 coa formación dos grupos de acción cívica (''Bürgerinitiativen''). Os movementos sociais rara vez conflúen nun [[partido político]]; a súa labor baséase en presionar ó poder político mediante reivindicacións concretas ou en crear alternativas. Estas alternativas ou reivindicacións convértense na súa principal identidade, sen ter que chegar a plasmar un ideario completo.
 
Son o equivalente a [[acción afirmativa]] ou grupo de presión. Teñen un carácter de permanencia no tempo e cun número de persoas representativo, con relación ós que sofren ou ignoran o problema. O seu recordo histórico é moi antigo, por exemplo, os [[Guerra das Comunidades de Castela|Comuneiros de Castela]]. Son algunhas veces o nacemento dunha idea con líderes carismáticos memorables, e a súa xénese pode derivar haciacara un movemento ou iniciar unha [[rebelión|revolta]] ou, máis contundentemente, unha [[revolución]], como a [[Revolución Mexicana]], e así mesmo eventual plataforma para un partido cara o poder, opción que parece un rodeo innecesario.
 
É unha forma instantánea e continuada de inserirse no ámbito político, con inicialmente pouco esforzo organizativo, sen pertencer a el, pero si con forza de cambio político, como a restauración da democracia perdida en rexímenes autoritarios. A súa análise inclúe o seu obxectivo e o tipo de clientela, sendo interesante o desenvolvemento do seu proceso organizativo. O impacto na sociedade é desde meramente presencial, como unha forza de choque perturbadora, ou ata mesmo resultar moi definitorio, como grupos fortes de interese e presión contra o poder instituído. Deben coidar o seu progreso organizativo para ser eficaces e continuar perseverando e merecerse a honra de coartífices de eventos democráticos nas institucións ou outros máis modestos, como a información dos cidadáns.