María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
algo mais
Liña 9:
Na súa etapa de rexente, tivo que facer fronte á [[Primeira Guerra Carlista]]. Tratou de gobernar o país por medio dun ''Estatuto'', pero a insurrección de ''La Granja'' obrigouna a voltar ao constitucionalismo. A súa política, hostil aos avances liberais, provocou un "descontento" na súa contra ([[1848]]) xustamente ao remate da Primeira Guerra Carlista. Ademais, durante a súa rexencia no [[1833]], disólvese a ''Xunta Superior'' do [[Reino de Galiza]], dividindo a Galiza en catro provincias. Dende o seu cargo, mandou imprimir a ''[[Carta Xeométrica de Galicia]]'', que elaborara o xeógrafo [[Domingos Fontán]].
 
Renunciou á rexencia e marchou a Francia, deixando en España ás súas fillas (Isabel e Luísa Fernanda). Nese momento xa era de dominio público que, pouco despois de morrer Fernando VII, María Cristina casara en segredo ([[28 de decembro]] de [[1833]]), en [[matrimonio morganático]], co sarxento [[Agustín Fernando Muñoz]], con quén tivo seteoito fillos desa relación , o que lle supuxo unha boa parte da súa impopularidade cando finalmente se fixo público.
 
Desde Francia, Cristina conspirou contra o xeral Espartero e promoveu o levantamento frustrado de [[1841]]. Coa caída de Espartero volveu a España, influíu na política do país e participou en negocios "sucios" que fixeron que a súa desacreditación e o odio popular se estenderan.