Diferenzas entre revisións de «Karl Alexander Müller»

m (bot Engadido: sl:Karl Alexander Müller)
'''Karl Alexander Müller''' é un [[física|físico]] [[Suíza|suízo]] que recibiu, xunto con [[Johannes Georg Bednorz]], o [[Premio Nobel de Física]] de [[1987]], polas súas pesquisas coas [[cerámica]]s [[supercondutividade|supercondutoras]].
 
== Biografía ==
Müller naceu o [[20 de abril]] de [[1927]] na cidade suíza de [[Basilea]], pero a súa familia rapidamente se mudou á cidade [[Austria|austríaca]] de [[Salzburgo]], onde seu pai estudaba [[música]].
 
El e súa nai trasladáronse a [[Dornach]], cerca de Basilea, á casa dos seus avós. Despois foron para [[Lugano]], na rexión suíza italiana. A súa nai morreu en [[1938]], cando tiña once anos, sendo logo enviado a un colexio evanxélico na poboación de [[Schiers]], no leste de Suíza. Aquí estudará durante sete anos, de 1938 a 1945, obtendo o Bacharelato.
 
En [[1945]] ingresou na [[Escola Politécnica Federal de Zúric]], onde estudou [[electrónica]] e recibiu clases por parte de [[Wolfgang Pauli]]. En [[1957]] conseguiu o doutorado.
 
En [[1956]] casou con Ingeborg Marie Louise Winkler. Tiveron un neno, Eric, en 1957, e unha nena, Silvia, en [[1959]].
 
{{Premios Nobel de Física}}
Usuario anónimo