Eurípides: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Mjbmrbot (conversa | contribucións)
Liña 2:
'''Eurípides''' (en [[grego]], Ευριπίδης) ([[Salamina]], [[-480|480]] - [[Pella]], [[-406|406 a. C.]]), é un dos tres grandes poetas tráxicos gregos da antigüidade, xunto a [[Esquilo]] e [[Sófocles]].
 
==Biografía==gsus tonto y viva españa
A súa nai chamábase Klitonis ou Clito e o seu pai Mnesarco ou Mnesárquides. Durante a súa infancia tivo lugar a [[Segunda Guerra Médica]], decisiva para os gregos e o mundo occidental. Parece ser que de raparigo foi copeiro dun grupo de danzantes, con clara significación relixiosa, polo que se supón que a súa educación foi a convencional da súa época. En [[-466|466 a. C.]] cumpriu dous anos de servizo militar. Odiaba a política e era amante do estudo, para o que posuía a súa propia biblioteca privada. Durante un tempo estivo interesado pola pintura, coincidindo co apoxeo do pintor [[Polignoto]] en [[Atenas]]. Tivo dúas esposas, chamadas Melito e Quérile ou Quérine. Foi amigo de [[Sócrates]], o cal, segundo a tradición, só asistía ao teatro cando se representaban obras de Eurípides. En [[-408|408 a. C.]], decepcionado polos acontecementos da súa patria, implicada na interminable [[Guerra do Peloponeso]], retirouse á corte de [[Arquelao I de Macedonia]], morrendo dous anos despois en [[Pella]].