Diferenzas entre revisións de «Eurocomunismo»

m
r2.5.2) (bot Modificado: sr:Еврокомунизам; cambios estética
m (r2.5.2) (bot Engadido: sr:Eврокомунизам)
m (r2.5.2) (bot Modificado: sr:Еврокомунизам; cambios estética)
O '''eurocomunismo''' é o intento nos [[anos 1970]] de varios partidos comunistas europeos de anchear a súa influencia incluíndo temas de [[clase media]], rexeitando o apoio incondicional á [[URSS]] e expresando claramente a fidelidade aos procesos [[pluripartidismo|pluripartidistas]] nos países occidentais. Foron precisamente os partidos comunistas máis fortemente enraizados nas súas respectivas sociedades -caso notable do [[Partido Comunista Italiano]] (PCI) e do [[Partido Comunista Francés]] (PCF)- os máis proclives a adoptar a liña eurocomunista, mentres que partidos máis pequenos e marxinais (como o [[Partido Comunista de Gran Bretaña]]) quedaron máis dependentes da patrocinaxe de [[Moscova]]. O [[Partido Comunista de España]] (PCE) e o Partido Socialista Unificado de Cataluña ([[Partit Socialista Unificat de Catalunya|PSUC]]) foron legalizados logo da [[ditadura]] de [[Francisco Franco|Franco]] cunha liña esencialmente eurocomunista, o que lles custou as respectivas escisións do [[PCPE]] e o [[Partido Comunista Cubano|PCC]]. Os partidos comunistas de [[Portugal]], [[Austria]] ou [[Grecia]] tamén mostraban distintas tendencias eurocomunistas, pero foron sempre minoritarias.
 
O eurocomunismo oficializouse en marzo de [[1977]], cando os secretario xerais [[Enrico Berlinguer]] do PCI, [[Santiago Carrillo]] do PCE e [[Georges Marchais]] do PCF se reúniron en [[Madrid]] e presentaron as liñas fundamentais da "nova forma". Pero o PCI en particular xa desenvolvera unha liña independente de Moscova dende facía anos, que quedou claramente expresada en 1968, cando o PCI e o PCE foron os dous únicos partidos comunistas do mundo en condenar a [[Primavera de Praga | invasión soviética de Praga]]. En 1975 o PCI e o PCE fixeron unha declaración sobre a "construción do socialismo" que debía ser en "paz e liberdade". En [[1976]] en Moscova, Berlinguer, diante de 5000 delegados comunistas, falou dun "sistema pluralista" (traducido polo intérprete como "multiforma") e describiu as intencións do PCI de construír "un socialismo que cremos necesario e só posible en Italia".
 
== Bases do eurocomunismo ==
O eurocomunismo, en definitiva, considera que é extremadamente difícil realizar unha revolución socialista nos países capitalistas. Por este motivo, o partido debía de exercer o papel de liderado a traverso dunha vangarda proletaria e dunha organización baseada en cadros, para converterse nun partido de masas. Dita táctica conduciría nun futuro, segundo os eurocomunistas, a ampliar a súa base social, co que sería posible chegar ao goberno en eleccións pluripartidistas. Hai que sinalar que o eurocomunismo, como indica Carrillo, non renega da revolución; a súa aposta pola reforma é táctica, ante o que consideran unha enorme dificultade de revolución nos países capitalistas.
 
Antes de que o fin da [[Guerra Fría]] puxese a practicamente todos os partidos de esquerda de Europa á defensiva e as reformas neoliberais estivesen á orde do día, moitos partidos comunistas tiveron escisións, coa parte dereitista (como os Demócratas de Esquerda ou Iniciativa per Catalunya) adoptando sinceramente a socialdemocracia, mentres que as ás de esquerda esforzáronse en manter indentificables posicións comunistas (como o Partido da Refundación Comunista ou o PCC en Cataluña).
 
== Críticas ao eurocomunismo ==
 
Realizáronse críticas ao eurocomunismo dende diversas correntes políticas. Algúns autores acusan aos eurocomunistas de non romper definitivamente coa [[URSS]] (o PCI só tomou este paso en 1981 logo da represión contra [[Solidarność]] en [[Polonia]]), aínda que isto parecese a consecuencia natural do desenvolvemento da súa ideoloxía. Esta ''timidez'' explicouse co medo a perder aos vellos militantes dos partidos, educados na admiración á URSS, ou por unha esixencia da [[realpolitik]] de manter o apoio ao primeiro país en aplicar o socialismo.
Dende un punto de vista [[trotskismo|trotskista]], [[Ernest Mandel]] en ''Os amargos froitos do socialismo nun só país'' [http://www.espacioalternativo.org/node/1595] ve o eurocomunismo como un desenvolvemento subseguinte da decisión tomada pola URSS en 1924 de abandonar o obxectivo da revolución mundial e concentrarse no desenvolvemento social e económico da URSS, o así chamado ''socialismo nun só país''. Por isto, considera aos eurocomunistas do PCI e o PCF como movementos [[nacionalismo|nacionalistas]] que xunto á URSS abandonaron o [[internacionalismo]], como fixo a maioría dos partidos socialdemócratas da [[Segunda Internacional]], durante a [[Primeira Guerra Mundial]] cando apoiaron aos seus gobernos nacionais no proceso da guerra.
 
== Bibliografía ==
* Carrillo, Santiago. 1977. ''Eurocomunismo y Estado''. Editorial Crìtica. Madrid.
* Claudín, Fernando. 1977. ''Eurocomunismo y socialismo''. Siglo XXI Editores, México D.F. ISBN 968-23-0234-X.
 
== Véxase tamén ==
* [[Ciencia política]]
 
[[Categoría:Política]]
[[sh:Eurokomunizam]]
[[sk:Eurokomunizmus]]
[[sr:EврокомунизамЕврокомунизам]]
[[sv:Eurokommunism]]
[[th:ยูโรคอมมิวนิสต์]]
76.283

edicións