Glam rock: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: zh:華麗搖滾
Beninho (conversa | contribucións)
de en.wiki
Liña 5:
| instrumentos = guitarra, baixo, batería, piano, saxofóns, sintetizadores, cordas
| popularidade = moi popular no [[Reino Unido]] durante os 70, e éxito variado noutros países
| derivados = [[rock gótico]], [[New Romanticism]]
| subxéneros =
| fusións = [[glam metal]] - [[glam punk]]
| ligazóns =
}}
Liña 14:
 
Un fenómeno británico en grade medida, o glam rock chegou á súa cima a mediados dos anos 70. O s seus expoñentes máis famosos foron [[Marc Bolan]] e [[T.Rex]], [[Gary Glitter]] e [[Slade]]. Outros influíntes artistas tanto británicos coma estadounidenses son [[Elton John]], [[David Bowie]], [[Alice Cooper]], [[Sweet]], [[Wizzard]], [[Roxy Music]], [[Mud]], [[Mott the Hoople]], [[Queen]], [[The Glitter Band]], [[The New York Dolls]], [[Sparks]], [[Kiss]], [[The Tubes]] e [[Suzi Quatro]].
 
== Historia ==
O glam rock surxíu das escenas inglesas do [[rock psicodélico]] e o [[and art]] de finais dos anos 60 e pode verse como unha extensión desas tendencias. Musicalmente era moi diverso, variando entre o rock sinxelo e o revivalismo de figuras como Alvin Stardust ata a complexidade do [[art rock]] de [[Roxy Music]], e pode ser visto tanto como unha moda como un sub-xénero musical. Visualmente era unha mestura de varios estilos, indo do glamour de [[Hollywood]] dos anos 30, pasando polo [[sex appeal]] ''pin-up'' dos 50, a teatralidade do [[cabaret]] de pre-guerra, o estilo e a literatura victoriana, e a ciencia-ficción, ata o misticismo e a mitoloxía; manifestándose en roupas extravagantes, maquillaxe, peiteados e botas con plataformas. O glam destaca pola súa ambiguedade sexual e de xénero e as representacións da [[androxinia]], xunto a un amplo uso do teatro.
 
As orixes do glam rock están asociadas con [[Marc Bolan]], que renoumeou ao seu dúo como [[T. Rex]] e fixéronse con instrumentos eléctricos cara finais dos anos 60. Adoita a citarse como o momento do surximento a súa aparición no programa británico de televisión ''Top of the Pops'' en marzo de [[1971]], levando purpurina e roupa de satén, interpretando o que sería o seu primeiro sinxelo en acadar o número 1, "Hot Love". Dende finais de [[1971]], o nese intre menos coñecido, [[David Bowie]] desenvolveu a súa personaxe Ziggy Stardust, incorporando elementos de maquillaxe profesional, mímica e ''performance'' nas súas actuacións. Estes artistas foron rapidamente seguidos por xente como [[Roxy Music]], [[Sweet]], [[Slade]], [[Mott the Hoople]], [[Mud]] e Alvin Stardust. Aínda que estaban a ser un gran éxito nas listas de sinxelos británicas, moi poucos destes músicos foron capaces de ter un impacto serio nos [[Estados Unidos]]; sendo Bowie a principal excepción ao converterse nunha estrela a nivel internacional e provocando a adopción do estilo glam en artistas como [[Lou Reed]], [[Iggy Pop]], [[New York Dolls]] e [[Jobriath]], coñecéndose a miúdo como "glitter rock" e con letras máis escuras que as dos seus homólogos británicos.
 
No [[Reino Unido]] o termo glitter rock foi máis usado para referirse á versión máis extrema do glam representada por Gary Glitter e a súa banda, The Glitter Band, que conseguiron 18 sinxelos no top 10 do [[Reino Unido]] entre [[1972]] e [[1976]]. Unha segunda fornada de artistas de glam rock, onde se inclúe a [[Suzi Quatro]], [[Wizzard]] e [[Sparks]], dominou a lista británica de sinxelos de [[1974]] ata [[1976]].
 
Houbo artistas, algúns deles non considerados fundamentais para o xénero, que tamén adoptaron o estilo glam, como [[Rod Stewart]], [[Elton John]], [[Queen]] e, durante un tempo, incluso os [[Rolling Stones]]. O [[punk rock]] a miúdo vese como unha reacción á artificialidade do glam rock, aínda que usando algúns elementos deste coma a maquillaxe e realizando versións de temas glam, e a súa aparición axudou a poñer fin á súa mode de cara ao ano [[1976]].
 
[[Categoría:Xéneros musicais]]