Reloxo de auga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxos
ligazón interna
Liña 4:
Un '''reloxo de auga''' ou '''clepsidra''' (grego κλέπτειν ''kleptein'' , 'roubar'; ὕδωρ ''hudor'' ,'auga') é calquera reloxo en que o tempo se mide mediante a regra que sinala o fluxo de líquido que entra no (clepsidra de entrada) contedor, ou a regra que mide a saída (clépsidra de saída) do líquido pola boca do contedor.
 
Son, xunto co [[reloxo de sol]], os máis vellos instrumentos de medida do tempo, coas únicas excepcións dos gnomóns[[gnomon]]s verticais e a conta de días con varas regradas. Onde e cando foron inventados descoñecese, dada a súa gran antigüidade.
 
A clepsidra de saída con forma de cunca é a forma máis sinxela dun reloxo de auga, existía xa en [[Babilonia]] e [[Exipto]] arredor do século XVI a. C. Nestas clepsidras de saída a regra situábase no interior da cunca, existindo unha regra horaria para cada mes do ano exipcio.