Diferenzas entre revisións de «Rubens Barrichello»

arranxiños
Sem resumo de edição
(arranxiños)
No [[1990]] participou na [[Fórmula Vauxhall]] pero non obtivo moi bos resultados, polo que decidiu decantarse pola [[Fórmula 3000]] [[Inglaterra|inglesa]], na que quedou primeiro despois de competir con un poderoso [[David Coulthard]].
 
Desexando entrar xa na [[Fórmula 1]], '''Rubens''' tivo que conformarse con seguir na '''F3''' un ano máis, no cal rematou terceiro e, grazas a ese positivo resultado, [[Jordan Toyota|Jordan]] contratouno para que cumprira o soño de calquercalquera piloto: correr na máxima categoría.
 
O seu primeiro ano na [[Fórmula 1]] non foi como todos esperaban, en parte porque o monopraza que tiña non era dos mellores. Tan só obtivo 2 puntos en toda a temporada e rematou nun noveno posto.
 
Grazas á experiencia que acadara no ano anterior, o manexo do monopraza foi mellorando no [[1994]]. Aínda que, ese mesmo ano, en [[Imola]], tivo un accidente nos entrenamentosadestramentos bastante grave no que lle salvaron a vida os médicos. A pesar da súa sorte de seguir vivo, a súa moral seguíuseguiu polo chan xa que, dous días despois de sufrir el o accidente morría [[Ayrton Senna]], o seu ídolo e mentor. Ese ano, a pesar de todo o que lle pasou, rematou nun honorable sexto posto na clasificación de pilotos.
 
Nos dous anos seguintes continuou na mesma escudería, obtendo, respectivamente, un 11º con 11 puntos e un 8º posto con 14. Logo, xa no [[1997]], por diferenzas entre el e Eddie Jordan, o xefe da súa escudería, cambiouse a '''Stewart'''. Estivo tres anos nesa escudería, tres anos nefastos para a súa carreira automobilística, xa que os monoprazas non se caracterizaban polo seu gran motor e a súa potencia.
53.371

edicións