Abrir o menú principal

Cambios

actualizo director
A '''Real Academia Española''' ('''RAE''') é o organismo responsable de resgardar o bo uso da [[lingua española]]. A súa sede está en [[Madrid]] ([[España]]), pero ten afiliacións coas academias nacionais de 21 países hispanofalantes. O seu director é [[José Manuel Blecua Perdices|José Manuel Blecua]].
 
== Historia ==
O seu emblema está formado por un [[crisol]] ó lume. Acompáñao a lenda «Limpa, fixa e dá esplendor». O obxectivo era fixa-lo idioma no estado de plenitude que alcanzara durante o século XVI e que se consolidara no XVII.
 
A Fundación está aberta á participación de particulares mediante a correspondente cota económica, membros benfeitores, e entre as actividades subvencionadas atópanse a realización do banco de datos, o ''Diccionario del estudiante'', o ''Diccionario panhispánico de dudas'' e outras obras en proxecto ou desenvolvemento coma a ''Gramática normativa''.
 
== Funcións ==
O artigo primeiro dos estatutos da RAE di:
: ''«[...] ten coma misión principal velar por que as mudanzas que experimente a [[lingua española]] na súa constante adaptación ás necesidades dos seus falantes non creben a esencial unidade que mantén en todo o ámbito hispánico. Debe coidar igualmente de que esta evolución conserve o xenio propio da lingua, tal como foi consolidándose co correr dos séculos, así coma de establecer e difundir os criterios de propiedade e corrección, e de contribuír ó seu esplendor. Para alcanzar ditos fins, estudará e impulsará os estudos sobre a historia e sobre o presente do español, divulgará os escritos literarios, especialmente clásicos, e non literarios, que xulgue importantes para o coñecemento de tales cuestións, e procurará manter vivo a lembranza de quen, en [[España]] ou en [[América]], cultivaron con gloria a lingua española. Coma membro da [[Asociación de Academias de la Lengua Española]], manterá especial relación coas Academias Correspondentes e Asociadas.»''