Pepe Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
Pepe Rodríguez comzou a súa andaina como adestrador nas categorías inferiores do [[Valvi Girona]], chegando a adestrar ao primeiro equipo en [[ACB]] en [[1993]]. Despois do seu paso na máxima categoría do baloncesto español, marcha aos [[Estados Unidos]] para ser adestrador axudante de Mike Montgomery nos [[California|californianos]] Stanford Cardinal da [[NCAA]].
 
Despois do seu paso pola [[NCAA|liga universitaria estadounidense]], comezou a adestrar a diferentes equipos da [[Liga LEB]] (e da [[EBA]], antes da existencia da propia LEB). Comezou a súa andaina no Gandía, pasando logo na primeira tempada da LEB a adestrar ao [[Melilla]]. Ao ano seguinte marcharía a Xixón, onde evitou o descenso do equipo, para volver a Melilla onde gañou a [[Copa Príncipe de Astuarias de baloncesto|Copa Príncipe]].
 
Despois deste equipo, e cunha etapa no [[Baloncesto Murcia]], Rodríguez pasa a dirixir ao [[Ovarense Basquetebol|Ovarense Ovar]] da [[Liga Portuguesa de Baloncesto]], co que foi subcampión de Copa e semifinalista da propia liga. Posteriormente foi adestrador asistente no [[Lucentum Alicante]] na [[ACB]] e, ao ano seguinte, votaría á LEB onde adestraría ao Ciudad de Huelva durante dúas tempadas, chegando nunha delas ás semifinais. Posteriormente voltaría a Gandía, onde salva ao equipo do descenso. O [[14 de decembro]] de [[2010]] asina contrato co [[Club Baloncesto Breogán]] de [[Lugo]] tralo cese de [[Rubén Domínguez]] polos malos resultados obtidos.
 
=== Equipos ===
* {{ESPb}} [[Valvi Girona]] (categorías inferiores, [[1991]]-[[1992]])
* {{ESPb}} [[Valvi Girona]] ([[ACB]], segundo adestrador, [[1992]]-[[1993]])