Diferenzas entre revisións de «Reciclaxe»

ampliación desde wiki esp - e a fundación FIDA-
m (bot Engadido: ko:재활용)
(ampliación desde wiki esp - e a fundación FIDA-)
A '''reciclaxe''' é a transformación das formas e presentacións habituais dos obxectos de [[cartón]], [[papel]], lata, vidro, algúns plásticos e residuos orgánicos, en materias primas que a [[industria]] de manufactura pode utilizar de novo. Tamén se refire ao conxunto de [[actividade]]s que pretenden reutilizar partes de artigos que no seu conxunto chegaron ao termo da súa vida útil, pero que admiten un uso adicional para algún dos seus compoñentes ou elementos.
 
== Ciclo de reciclaxe ==
[[ficheiro:Contenedores selectivos de residuos urbanos en Sevilla.JPG|thumb|Colectores selectivos de recollida de residuos]]
 
O ciclo da reciclaxe posúe varios elos como:
 
*'''Orixe''': que pode ser doméstica ou industrial.
*'''Recuperación''': que pode ser realizada por empresas públicas ou privadas. Consiste unicamente na recolección e transporte dos residuos para o seguinte elo da cadea.
*'''Plantas de transferencia''': trátase dunha etapa voluntaria ou que non sempre se usa. Aquí mestúranse os residuos para realizar transportes maiores a menor custo (usando colectores máis grandes ou compactadores máis potentes).
*'''Plantas de clasificación (ou separación)''': onde se clasifican os residuos e se separan.
 
*'''Reciclador final (ou planta de valoralización)''': onde finalmente os residuos se reciclan (papeleiras, plastiqueiros...) ou onde se almacenan (vertedoiros) ou se usan para a produción de enerxía (cementeiras, biogás, etc.)
 
Para a separación en orixe doméstica úsanse colectores de distintas cores situados nas poboacións:
 
* '''Colector amarelo ([[envase]]s): '''Neste débense depositar todo tipo de envases lixeiros como os envases de plásticos (botellas, tarrinas, bolsas, bandexas de corcho branco, envoltorios de plástico...), de metal (latas de bebidas, conservas, tapas e tapóns de botellas, papel de aluminio...) e envases tipo brik.
* '''Colector azul ([[papel]] e [[cartón]]): '''Neste colector débense depositar os envases de [[cartón]] (caixas, bandexas...), así como os xornais, revistas, papeis de envolver, propaganda, etc. É aconsellábel pregar as caixas de maneira que ocupen o menor espazo.
* '''Colector verde ([[vidro]]): '''Neste colector bótanse envases de vidro (botellas, tarros e frascos de vidro).
* '''Colector negro (orgánico): ''' Neste bótase o resto de residuos que non vai nos grupos anteriores, fundamentalmente materia biodegradábel.
[[Categoría:Reciclaxe]]
 
13.785

edicións