Liber pontificalis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
O núcleo do libro é unha serie de entradas biográficas breves dos papes até o [[século IX]] dispostas cronoloxicamente, consistindo cada unha no número de anos de servizo (de onde se deducen as datas de reinado), lugar de nacemento, parentesco, [[emperador]]es correspondentes, obras edilicias (especialmente igrexas), [[ordenación]]s, pronunciamentos principais, lugar de enterramento e tempo transcorrido até a consagración do seguinte papa electo.
 
O propio proceso de redacción desbota o ''Liber pontificalis'' como [[fonte histórica]] fiábel. A obra tivo dúas fontes principais: o ''Catalogus Liberianus'' ([[354]]) e un ''Index'', listaxe de papas transmitida e completada por diversos autores a partir de [[Hipólito, Papa|Hipólito]] ([[235]]). A este núcleo fundamental acrescentáronselle outros materiais: enumeración das obras edilicias dos papas, listaxes de doazóns, etc. Nos séculos [[século VI|VI]] e [[século VII|VII]] foise actualizando con novas biografías, de extensión cada vez maior. Aproximadamente entre o [[pontificado]] de [[Honorio I, Papa|Honorio I]] e o de [[Adrián II, Papa|Adrián II]] as entradas son contemporáneas, redixidas pouco despóis da morte de cada papa. En [[1479]], [[Platina]] redactouno todo de novo en estilo [[humanista]] e completouno, chegando até [[Paulo II]] ([[1464]]-[[1471]]).
 
[[ca:Liber Pontificalis]]