Diferenzas entre revisións de «Donald Davidson»

sen resumo de edición
(Nova páxina: "'''Donald Davidson''' nado en Sprinfield o 6 de marzo de 1960 e finado o 30 de agosto de 2003 en Berkeley, foi un dos filósofos que abriu o pensamento analítico...")
 
Sem resumo de edição
'''Donald Davidson''' nado en [[Sprinfield]] o [[6 de marzo]] de [[1960]] e finado o [[30 de agosto]] de [[2003]] en [[Berkeley]], foi un dos filósofos que abriu o pensamento analítico a novos horizontes máis pragmáticos.
 
==Traxectoria==
==Pensamento==
 
Davidson entende que hai un interpretar comprensivo na comunicación intersubxectiva que se relaciona coas condicións de verdade dun enunciado. Davidson vai impugnar o empirismo dedo seu mestre [[Willard Van Orman Quine]], non existe un dualismo entre subxectividade e mundo obxectivo, entende que non existen un presunto material neutro á espera de ordenación conceptual. Toma distancia fronte a unha [[ciencia]] que ve como omniabarcadora e que acabará coa filosofía mesma.
 
Existe un modo lexítimo de coñecemento distinto da ciencia [[física]] que permite abordar filosóficamente os sentimentos, os desexos, as intencións e todo un discurso mental desprezado polo empirismo. Sendo un externalista (existen conexións entre o mundo exterior e o contido dos nosos pensamentos), afirma porén que interpretamos un experimento como interpretamos calquera outra cousa. Davidson segue afincado no [[materialismo]] fisicista pero entende que existen descripcións verdadeiras dende o punto de vista epistemolóxico que non se se cinguen a leis físicas. O pensamento esixe elementos compartidos de verdade e obxectividade, existe un contexto público intersubxectivo ao que a mente se ve dalgún xeito sometida. Non podemos entender a outro se non compartimos o seu mundo e non o vemos tan lóxico como o somos nós (principio de caridade). A fonte da obxectividade e a intersubxectividade (trangulación).
Usuario anónimo