Pedra das Ferraduras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
Lameiro (conversa | contribucións)
algunhas correccións
Liña 4:
 
==Situación==
A pedra sobre a que se realizaron as gravuras sitúase na ladeira dun monte. Sitúase, no lugar de [[Fentáns, San Xurxo de Sacos, Cotobade|Fentáns]], parroquia de [[San Xurxo de Sacos]], no concello de [[Cotobade]]. Atópase na zona de Galicia, e unha das áreas do mundo, de maior concentración de representacións deste tipo, no val do [[río Lérez]], desde onde semella terse extendidoestendido este fenómeno cultural, a través sempre dos vales dos ríos.
 
==Descrición==
A pedrápedra é de regulares dimensións. A rocha é de gran tamaño e presenta forma abombada concentrándose as numerosas [[petróglifo|insculturas]] na parte superior, plana, e a cara orientada cara o sur, de forte pendente.
 
Na parte superior amósase unha combinación de círculos concéntricos con trazos encostados ao anel externo, numerosas pegadas de cérvidos ou bóvidos e dúas combinacións circulares atípicas.
 
Na cara sur represéntanse sete figuras zoomórficas (un deles con gran cornamenta) e, tres deseños idoliformes (probablemente ídolos cilindro) e cinco figuras antropomórficas moi simples que, posiblemente armados, rodean aos animais. A figura antropomorfa no centro da parte superior e central empuña na man dereita unha enorme espada moi desproporcionada en relación á figura humana, e sostendo co outro brazo un escudo circular, enténdendose como unha posible representación xerárquica. Xunto a espada represéntase un puñal de menor tamaño.
 
Varios dos animais presentan dardos ou frechas cravadas no seu lombo, polo que nesta parte sur poderíamos estar a contemplar a representación dunha escea de caza.
 
Pese a dificultade dunha datación segura para este tipo de elementos, as representacións de ídolos cilíndricos póñense en relación coas pezas chamadas ídolos cilíndricos que teñen aparecido en algúnsnalgúns megálitos de cronoloxía máis avanzada.
 
Trátase dun conxunto rupestre que presenta boa cantidade de recursos artísticos e de cuxa utilización só existen diversas teorías relacionadas coa relixión, ritos iniciáticos, marca delimitadora dun territorio... de moi difícil demostración.