Abrir o menú principal

Cambios

m
r2.5.2) (bot Modificado: th:อักษรรูน; cambios estética
----
 
== Sistema orixinal ==
 
''Nota: as transliteracións seguen o modelo [[transcrición das linguas xermánicas|tradicional]]''.
</div>
 
== Sistemas ulteriores ==
 
O futhark inicial de 24 runas (máis unha runa sen glifo que representaba a «Odhinn») foi abreviado posteriormente a 16 runas ao redor do ano [[800]], cousa que normalmente se interpreta como unha adaptación que valía para simplificar o traballo do escriba. A maioría das runas de [[Escandinavia]] son posteriores a 800 e utilizan as 16 letras:
Así podemos, en resumo, falar de dous futhark:
 
# '''O futhark primitivo''': era panxermánico e estivo en uso entre os séculos [[século I|I]] e [[século VIII|VIII]]. Constaba de 24 runas, con nomes que se poden reconstruír.
# '''O futhark nórdico''': de uso en Noruega, Suecia, Dinamarca e Inglaterra. Tiña xa só 16 runas e empregouse basicamente entre os séculos [[século IX|IX]] e [[século XII|XII]]
 
'''O futhark anglosaxón''', tamén chamado [[futhork]], chegou a ter ata 28 runas distintas.
 
== Orixe das runas ==
 
O alfabeto '''rúnico''' foi creado por falantes de dialectos de linguas xermánicas co fin de escribiren as súas linguas. Se ben algúns eruditos pretenden que a orixe das runas estaría no [[alfabeto grego]] (Morris in Odenstedt 359) ou no [[alfabeto latino|latino]] (Odenstedt 362) a maioría dos eruditos consideran que este alfabeto é unha mestura con diversas orixes.
Algunhas letras teñen unha orixe latina evidente, por exemplo as runas para /f/ e /r/, outras que lembran — polo menos en relación co formato — os [[alfabetos alpinos]], por exemplo a runa /h/. Tamén hai signos que tanto poden ser latinos como alpinos, por exemplo a runa /i/. Bernal (36) pensa que había tamén implicado algúns substratos de alfabeto; Miller (62) pretende que as orixes do alfabeto rúnico son o mediterráneo arcaico. Ningunha das dúas explica as razóns das súas opinións. No mesmo traballo, Miller escribe tamén que os parámetros fonéticos sobre os que se basea o alfabeto rúnico son claramente semíticos e están ligados aos guións de [[Biblos]], [[Ugarit]] e o [[alfabeto fenicio]]. No curso do tempo desenvolvéronse varios guións rúnicos diferentes, incluído un sistema anglosaxón que mesmo tiña diferenzas para /k/ e /c/ (inglés moderno /tS/). Este último simbolizado pola vella runa /k/; foi creado un novo símbolo para o anglosaxón /k/.
 
== Utilización das runas ==
 
As runas utilizábanse ordinariamente para inscricións en madeira, metal ou pedra. As runas consistían principalmente en marcas verticais e diagonais, con menos marcas horizontais ou curvadas (algunhas versións das runas non teñen ningunha).
As runas semellan ter caído en desuso ao redor do ano [[1000]], agás en Escandinavia, onde seguiron a ser empregadas por varios séculos. Certas rexións illadas de Escandinavia aínda as empregaban aos principios da época moderna. No decurso dos séculos, houbo varios renacementos, normalmente por parte de xentes que querían asociarse co pasado dalgún xeito. A moda actual parece parcialmente inspirada por [[J.R.R. Tolkien]] e en parte polo misticismo [[New Age]]. As runas teñen un valor importante para os adeptos da [[relixión]] [[Ásatrú]].
 
== As runas e as súas asociacións mitolóxicas e máxicas ==
 
Na mitoloxía nórdica o deus [[Odín]] está pendurado na árbore [[Yggdrasil]], que representa o mundo, por nove días en sacrificio persoal para levar o regalo das runas á humanidade. Segundo [[Tácito, Historiador|Tácito]], os antigos pobos xermánicos tiñan o costume de gravar marcas sobre láminas de madeira e seleccionalas como lotes para a adiviñación. Ademais, cada runa está asociada a un deus, e por iso posúe un significado máxico particular, que pode asociarse a outras runas para formar un sortilexio, un amuleto ou unha beizón. Isto unido a varios poemas rúnicos que asocian significados e imaxes ao nome das letras rúnicas levou a algúns [[Ocultismo|ocultistas]] a intentaren reconstruír os sistemas de adiviñación empregando as letras rúnicas.
Ver o artigo [[Maxia rúnica]] para máis detalles.
 
== Runas e Nacionalismos ==
 
En tanto que símbolos xermánicos, as runas foron utilizadas polos [[Alemaña nazi|NaziNazis]]s. Algúns símbolos como a runa [[runa Odal|Odal]] aparecen sobre as bandeiras neonazis no canto da [[svastika]].
 
== Codificación Unicode ==
 
En [[Unicode]], hai 81 caracteres rúnicos:
En caso contrario, buscar un navegador que soporte [[Unicode]] e unhas fontes que conteñan as runas, [[#Ligazóns externas|ver máis abaixo]].
 
== Exemplos de inscricións ==
 
[[Ficheiro:Rökstenen 2.jpg|thumb|right|[[A Pedra de Rök]] <br /><small>Foto: Bengt O Åradsson</small>]]
* [[Pedras de Jelling|Pequena pedra de Jelling]].
* [[Pedras de Jelling|Gran pedra de Jelling]].
* [[Pedra de Rök]] (Rökstenen).
 
== Ver tamén ==
 
* [[Pedra rúnica]]
 
== Bibliografía ==
 
# Musset, Lucien, 1965, ''Introduction à la runologie'', Paris: Aubier-Montaigne
# Bernal, Martin, 1990, ''Cadmean letters''. Winona Lake: Eisenbrauns.
# Jensen, Hans, 1970, ''Sign Symbol and Script''. London: George Allen and Unwin Ltd. Translation of ''Die Schrift in Vergangenheit und Gegenwart''. VEB Deutscher Verlag der Wissenschaften. 1958, as revised by the author.
# Krause, Wolfgang, 1970, ''Runen''. Berlin: Walter de Gruyter (versión francesa: ''Les Runes'', 1995, Paris: Editions du Porte-Glaive).
# Page, R. I., 1987, ''Reading the past, volume 4: Runes'', British Museum Publications (reeditado por University of California Press, 1993)
# Miller, D. Gary, 1994, ''Ancient scripts and phonological knowledge''. Amsterdam/Philadelphia: John Benjamins Publishing Company.
# Seebold, Elmar, 1991, ''Die Stellung der englischen Runen im Rahmen der Überlieferung des älteren Fuþark'' In: Bammesberger S. 439-569.
# Thiollet, Jean-Pierre, 2005, ''Je m'appelle Byblos'', Paris : H & D
 
{{Commons|Category:Runic writing|o alfabeto rúnico}}
 
== Ligazóns externas ==
 
== Ligazóns externas ==
 
* '''A sabedoría das runas''': [http://www.sagesse-primordiale.com Sagesse Primordiale]
* [http://cgm.cs.mcgill.ca/~luc/runas.html fontes rúnicas]
* [http://www.sacred-texts.com/neu/ascp/a12.htm The Rune Poem] (versión rúnica en inglés antigo *[http://www.georgetown.edu/labyrinth/library/oe/texts/a12.html aquí])
* [http://home.att.net/~jameskass/ James Kass ofrece Code2000.ttf, unha fonte que contén preto de 35 000 glifos entre os que se atopan as runas]
* [http://www.angerthas.de Angerthas.de - As aparicións das runas nos traballos de Tolkien / fontes rúnicas / Futhark]
 
[[sr:Руне]]
[[sv:Runor]]
[[th:อักษรรูนส์รูน]]
[[tr:Runik yazı]]
[[uk:Руни]]
75.948

edicións