Xoán Bosco: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (bot Engadido: ar, bs, ca, cs, da, de, dsb, en, eo, es, fi, fr, he, hr, hu, id, it, ja, km, ko, la, lb, lmo, lt, nl, no, pam, pl, pms, pt, qu, ro, ru, sk, sl, sq, sv, sw, th, uk, vi, zh |
|||
Liña 3:
==Traxectoria==
===Inicios===
Foi o menor dunha familia labrega [[piamonte|piamontesa]]. Seu pai morreu cando tiña dous anos, polo que súa nai, pobre e analfabeta, fíxose cargo soa da súa educación. Xoán aprendeu a ler cando viviu cunha tía que traballaba na casa dun sacerdote. Aos dezaseis anos ingresou no seminario de Chieri. Tivo que mendigar para soster os seus estudos. Tras ser ordeado diácono, entrou no seminario maior de [[Turín]]. Xa daquela empezou a reunir a nenos que vivían na pobreza e na marxinalidade.
Liña 13 ⟶ 14:
Fomentaba a lectura entre os seus alumnos e colaboradores e o contacto coa natureza e evitaba o castigo e prohibía toda forma de represión ou agresividade. A dureza do seu labor nun entorno difícil, sen medios e con nenos sumamente problémáticos, fixo que nun momento dado ficara cun só colaborador, polo que decidiu adicarse máis concienzudamente á preparación dos futuros axudantes.
===Fundación da Orde Salesiana===
Nun clima anticlerical no [[Piamonte]], en pleno periodo de configuración da xove Italia, con expulsión dos xesuítas e outras ordes, o seu carácter aberto e o seu labor social propicioulle paradoxalmente o apoio do ministro [[Urbano Rattazzi]], un dos políticos máis anticatólicos que provocara o peche de 334 casas relixiosas e dispersara a 5.356 sacerdotes. Este aconselloulle a formación dunha sociedade que sorteara as prohibicións de ordes relixiosas. Isto explica que utilizara nomes civís para os cargos como ''rector'', ''director'' ou ''inspector'' e que non fixara un hábito distintivo.
En [[1859]], Don Bosco, así era coñecido, e 22 colaboradores decidiron formar unha congregación relixiosa inspirada na espiritualidade de San [[Francisco de Sales]] (daí o nome de salesianos) e comprometida cos desfavorecidos e a educación da infancia marxinal. Realizaron tamén un labor misioneiro; os primeiros enviados establecéronse na [[Patagonia]]. Un grupo de mulleres que cooperaban co seu labor e que se adicaban especialmente a formación das nenas fundou a congregación paralela de Fillas de María Auxiliadora no ano [[1872]] dirixida por [[María Dominga Mazzarello]].
Aínda que nos comezos foi considerado un tolo e mesmo se procurou o seu internamento (os sacerdotes Vicenzo Ponzati e Luis Nasi argallaron internalo nun [[manicomio]]), acabou suscitando o entusiasmo das xentes de clases baixas tanto en [[Italia]] como en [[Francia]] a onde se desprazou na busca de apoio. A primeira casa fundada en Francia se estableceu en [[Niza]] en [[1875]]. Pese ás simpatías do papa [[Pío IX]], certas reservas da xerarquía vaticana
===Final===
O seu labor extenuante acabou provocando un colapso na súa saúde. Malia as advertencias dos médicos, Don Bosco non freou a súa actividade ata que, esgotado, lle sobreveu a morte en xaneiro de 1888. As súas derradeiras palabras foron: ''Axudai aos nenos pobres, aos enfermos, aos anciáns e á xente máis necesitada, conseguiredes para iso as bendicións e axudas de Deus. Agárdovos no Paradiso''.
O seu enterro foi multitudinario. Coarenta e seis anos despois foi canonizado por [[Pío XI]]. O seu corpo aínda hoxe se pode ver incorrupto na Basílica de María Auxiliadora de Turín.
==Significación==
|