Balbino Clemente: Diferenzas entre revisións

futbolista galego
Contido eliminado Contido engadido
novo artigo baseado en http://www.yojugueenelcelta.com/2008/05/balbino-clemente.html
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 9 de decembro de 2010 ás 14:40

Balbino Clemente García, nado en Vedra o 6 de setembro de 1896, foi un futbolista galego, que xogaba de centrocampista.

Traxectoria

Comezou a xogar no Fortuna de Vigo en 1915. En 1917 foi fichado polo presidente do Real Betis Balompié, Carlos Alarcón de la Lastra, xunto ao vigués Barzallana. Despois dunha tempada, fichou polo Sevilla Fútbol Club, onde estivo un ano. En 1919 regresou ao Fortuna.

Trala fusión en agosto de 1923 do Fortuna e o Vigo Sporting naceu o Real Club Celta, pasando Balbino a formar parte do primeiro equipo. Xogou no equipo celeste até 1926, anos nos que acadou tres campionatos de Galicia.

O 18 de decembro de 1921 xogou coa selección española en Madrid fronte a Portugal. O 19 de novembro de 1922 xogou o primeiro partido da selección galega, con vitoria fronte a Castela por 4 a 1 no campo de Coia.

Véxase tamén

Ligazóns externas