Xoán Bosco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 13:
Fomentaba a lectura entre os seus alumnos e colaboradores e o contacto coa natureza e evitaba o castigo e prohibía toda forma de represión ou agresividade. A dureza do seu labor nun entorno difícil, sen medios e con nenos sumamente problémáticos, fixo que nun momento dado ficara cun só colaborador, polo que decidiu adicarse máis concienzudamente á preparación dos futuros axudantes.
 
Nun clima anticlerical no [[Piamonte]], en pleno periodo de configuración da xove Italia, con expulsión dos xesuítas e outras ordes, o seu carácter aberto e o seu labor social propicioulle paradoxalmente o apoio do ministro [[UrbanUrbano RatazziRattazzi]], un dos políticos máis anticatólicos que provocara o peche de 334 casas relixiosas e dispersara a 5.356 sacerdotes. Este aconselloulle a formación dunha sociedade que sorteara as prohibicións de ordes relixiosas. Isto explica que utilizara nomes civís para os cargos como ''rector'', ''director'' ou ''inspector'' e que non fixara un hábito distintivo.
 
En [[1859]], Don Bosco, así era coñecido, e 22 colaboradores decidiron formar unha congregación relixiosa inspirada na espiritualidade de San [[Francisco de Sales]] (daí o nome de salesianos) e comprometida cos desfavorecidos e a educación da infancia marxinal. Realizaron tamén un labor misioneiro; os primeiros enviados establecéronse na [[Patagonia]]. Un grupo de mulleres que cooperaban co seu labor e que se adicaban especialmente a formación das nenas fundou a congregación paralela de Fillas de María Auxiliadora no ano [[1872]] dirixida por [[María Dominga Mazzarello]].