Xoán Bosco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Foi o menor dunha familia labrega [[piamonte|piamontesa]]. Seu pai morreu cando tiña dous anos, polo que súa nai, pobre e analfabeta, fíxose cargo soa da súa educación. Xoán apredendeuaprendeu a ler cando viviu cunha tía que traballaba na casa dun sacerdote. Aos dezaseis anos ingresou no seminario de Chieri. Tivo que mendigar para soster os seus estudos. Tras ser ordeado diácono, entrou no seminario maior de [[Turín]]. Xa daquela empezou a reunir a nenos que vivían na pobreza e na marxinalidade.
 
San [[Xosé Cafasso]] axudoulle a ver que a súa vocación era atender aos nenos abandoados. Fundou un oratorio festivo e aprendeu acrobacias para estimular aos rapaces. Inicialmente recibiu apoio da marquesa de Barola, unha dona con sona e caritativa que axiña desaprobou as súas actividades amolada polo mal comportamento e a indisciplina dos nenos. Deste xeito, esixiulle que optara entre traballar no seu refuxio para rapazas ou seguir co grupo de abandonados. Xoán Bosco escolleu aos nenos.
 
Vivindo na indixencia, organizou unha escola nouturna e debido ao seu éxito, foi fundando outras polos barrios desfavorecidos de Turín. En [[1853]] montou obradoiros de xastreiría e zapatería onde os rapaces aprendían o oficio. Combinaba isto cunha labor teimuda e paciente de alfabetización. Acudía tamén ás fábricas onde procuraba que os empresarios asinasen condicións menos duras de traballo. En [[1856]] xa tiña catro obradoiros e unha imprenta. Unha das cuestións máis abraiantes, polo que recibiu moitas críticas, foi que o éxito pedagóxico obtíñao sen castigos nin violencias.
 
Fomentaba a lectura entre os seus alumnos e colaboradores e o contacto coa natureza e evitaba o castigo e prohibía toda forma de represión ou agresividade. A dureza do seu labor nun entorno difícil, sen medios e con nenos sumamente problémáticos, fixo que nun momento dado ficara cun só colaborador, polo que decidiu adicarse máis concienzudamente á preparación dos futuros axudantes.
 
Nun clima anticlerical no [[Piamonte]], en pleno periodo de configuración da xove Italia, con expulsión dos xesuítas e outras ordes, o seu carácter aberto e o seu labor social propicioulle paradoxalmente o apoio do ministro [[Urban Ratazzi]], un dos políticos máis anticatólicos que provocara o peche de 334 casas relixiosas e dispersara a 5.356 sacerdotes. Este aconselloulle a formación dunha sociedade que sorteara as prohibicións de ordes relixiosas. Isto explica que utilizara nomes civiescivís para os cargos como ''rector'', ''director'' ou ''inspector'' e que non fixara un hábito distintivo.
 
En [[1859]], Don Bosco, así era coñecido, e 22 colaboradores decidiron formar unha congregación relixiosa inspirada na espiritualidade de San [[Francisco de Sales]] (daí o nome de salesianos) e comprometida cos desfavorecidos e a educación da infancia marxinal. Realizaron tamén un labor misioneiro; os primeiros enviados establecéronse na [[Patagonia]]. Un grupo de mulleres que cooperaban co seu labor e que se adicaban especialmente a formación das nenas fundou a congregación paralela de Fillas de María Auxiliadora no ano [[1872]] dirixida por [[María Dominga Mazzarello]].