Xoán Bosco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "'''Xoán Bosco''', nado en 1815 e finado o 31 de xaneiro de 1888. Educador da infancia pobre e marxinada, fundou a orde dos salesianos. ==Traxectoria== Foi o menor dunh..."
 
Liña 11:
Nun clima anticlerical no [[Piamonte]], en pleno periodo de configuración da xove Italia, con expulsión dos xesuítas e outras ordes, o seu carácter aberto e o seu labor social propicioulle paradoxalmente o apoio do ministro Ratazzi, un dos políticos máis anticatólicos.
 
En [[1859]], Don Bosco, así era coñecido, e 22 colaboradores decidiron formar unha congregación relixiosa inspirada na espiritualidade de San [[Francisco de Sales]] (daí o nome de salesianos) e comprometida cos desfavorecidos e a educación da infancia marxinal. Realizaron tamén un labor misioneiro; os primeiros enviados establecéronse na [[Patagonia]]. Un grupo de mulleres que cooperaban co seu labor e que se adicaban especialmente a formación das nenas fundou a congregación paralela de Fillas de María Auxiliadora no ano [[1872]].
 
Aínda que nos comezos foi considerado un tolo e mesmo se procurou o seu internamento, acabou suscitando o entusiasmo das xentes de clases baixas tanto en [[Italia]] como en [[Francia]] a onde se desprazou na busca de apoio. Pese ás simpatías do papa [[Pío IX]], certass reservas da xerarquía vaticana demorou por 15 anos a aprobación definitiva da congregación. O seu labor extenuante acabou provocando un colapso na súa saúde. Malia as advertencias dos médicos, Don Bosco non freou a súa actividade ata que, esgotado, lle sobreveu a morte en xaneiro de 1888. As súas derradeiras palabras foron: ''Axudai aos nenos pobres, aos enfermos, aos anciáns e á xente máis necesitada, conseguiredes para iso as bendicións e axudas de Deus. Agárdovos no Paradiso''.
 
O seu enterro foi multitudinario. Coarenta e seis anos despois foi canonizado.
 
==Significación==
A súa orde conta con máis de 1.300 escolas e máis de 300 parroquias espalladas en 105 países. Está considerado como patrón dos editores. A súa festa celébrase o 31 de xaneiro.
 
[[Categoría:Santos]]