Berke: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 12:
Tras a morte de Sartaq, da que algúns o fan sospeitoso, e o breve reinado de [[Ulaghchi]], gobernou con eficacia a [[Horda de Ouro]]. Esmagou os intentos de rebelión dos seus súbditos liderados por [[Daniel de Galitzia]] en [[1259]] e saqueou [[Polonia]], [[Lituania]], [[Bulgaria]] e a [[Tracia]] bizantina.
 
Un dos fins destas mortíferas correrías era fornecerse para unha campaña bélica contra os seu parente [[Hulagu Khan]]. Berke convertírase ao [[Islam]] e xurara vingarse do saqueo de [[Bagdad]] e a morte do [[Califa]] na campaña altamente destructiva de Hulagu Khan contra o Imperio musulmán Abasida. Cando Hulagu voltou do ''kurultai'' que elixiu a [[Kublai Khan]] como [[Gran Khan]], dirixiuse cara o [[Cáucaso]]. O sobriño de Berke, Nogai, derrotouno na batalla do río Terek ([[1262]]). O conflicto continuaría co fillo de Hulagu [[Abaqa]].

O mundo enxergaba por primeira vez unha guerra aberta entre os invencibles descendentes de Genghis Khan e contemplaban o fin da unidade do Imperio Mongol. Esta guerra freou o avance cara o centro de Europa da Horda de Ouro e supuxo o abandono dos propósitos de consolidar unha fronteira no [[Mediterráneo]] por parte do [[Ilkhanato]] de Hulagu Khan. Terra Santa xa nunca sería mongola e Europa, pola súa vez, comezaba a respirar.
 
[[Categoría:Personalidades do Imperio Mongol]]