m
sen resumo de edición
m (bot Engadido: uk:Насильство) |
mSen resumo de edición |
||
A '''violencia''' (do Lat. ''violentia'') é un [[comportamento]] deliberado que resulta, ou pode resultar, en danos físicos ou psicolóxicos a outros seres humanos, ou máis comunmente a outros animais ou cousas ([[vandalismo]]) e adoita a asociarse, aínda que non necesariamente, coa [[agresión]], xa que tamén pode ser psicolóxica ou emocional, a través de ameazas ou ofensas. Algunhas formas de violencia son sancionadas pola lei ou a sociedade, outras son [[crime|crimes]]. Distintas [[sociedade]]s aplican diversos estándares en canto ás formas de violencia que son ou non aceptadas.
== Características ==
Por norma xeral, considérase violenta á persoa irrazonable, que se nega a [[diálogo|dialogar]] e se [[obstinar|obstina]] en actuar a pesar de a quen pese, e caia quen caia. Adoita ser de carácter dominantemente [[egoísmo|egoísta]], sen ningún exercicio da [[empatía]]. Todo o que viola o [[razón|razoable]] é susceptible de ser catalogado como violento se se impón pola forza.
Existen varios tipos de violencia, incluíndo o [[abuso físico]], [[abuso psicolóxico]] e [[abuso sexual]]. As súas causas poden variar e dependen de diferentes condicións, como situacións graves e insoportables na vida do individuo, falta de responsabilidade por parte dos seus pais, presión de grupo (que é común nas escolas), o resultado de non poder distinguir entre a realidade e a fantasía, entre outras causas.
=== Tipos ===
▲'''Violencia directa:''' chamamos violencia directa á violencia física, aquela que ten por obxectivo ferir ou matar. Neste tipo de violencia incluímos as agresións físicas e outras formas.
▲'''Violencia natural''' levada a cabo pola natureza, sería o único tipo de violencia xerada de forma allea ó home, á súa vontade,
▲'''Violencia estrutural:''' consiste en agredir a unha agrupacion colectiva desde a mesma estrutura política ou económica. Así, considéranse casos de violencia estrutural aqueles nos que o sistema causa [[fame]], [[miseria]], [[enfermidade]] ou ata morte á [[poboación]]. Serían, en definitiva, aqueles sistemas que non achegan as [[necesidades básicas]] á súa poboación pola mesma formación. Se nos remitimos á definición de violencia como a aplicación de métodos fóra do natural a persoas ou cousas para vencer a súa resistencia, levaría a falar de abuso de autoridade no que alguén cre ter poder por sobre outro. Xeralmente dáse nas relacións asimétricas, o home por sobre a muller ou o pai por sobre o fillo, para exercer o control. Aínda que, a máis común é a violencia física, manifestada a través de golpes, que deixan marcas no corpo, hai outro tipo de violencia que moitas veces é máis hostil que a primeira, é a violencia emocional plasmada a través de desvalorizacións, ameazas, críticas que funcionan como mandato cultural nalgunhas [[familia]]s ou grupos socialespolítica e social.
▲'''Violencia cultural:''' refírese ós aspectos da cultura que achegan unha lexitimidade á utilización dos instrumentos da violencia que nomeamos anteriormente. Así, por exemplo, pódese aceptar a violencia en defensa da [[fe]] ou a [[relixión]]. Un caso de violencia cultural pode ser o dunha relixión que xustifique [[guerra santa|guerras santas]] ou atentados terroristas, por exemplo.
▲'''Violencia xuvenil:''' refírese ós actos fisicamente destrutivos (vandalismo) que realizan os mozos entre os 10 e os 29 anos de idade e que afectan a outros mozos dentro do mesmo rango de idade. En todos os países, os principais actores deste tipo de violencia son os homes e algunhas veces o comportamento violento preséntase desde a infancia ou a temperá adolescencia. Con todo, a interacción cos pais e a formación de grupos, parches, galladas ou cuadrillas aumenta o risco de que os adolescentes se involucren en actividades delituosas, violentas e non violentas.
▲Como vemos, a violencia directa é clara e visible, polo que resulta relativamente sinxelo detectala e combatela. As violencias cultural e a estrutural, en cambio, son menos visibles, polo que supón máis problemas á hora de combatelas.
==Véxase tamén==
{{commonscat|Violence}}▼
=== Outros artigos ===
*[[Abuso de poder]]
*[[Asalto]]
*[[Xenocidio]]
===Ligazóns externas===
*[http://them.polylog.org/5/index-es.htm#fcs Os significados da violencia e a violencia dos significados] Discusión intercultural {{es}}▼
▲{{commonscat|Violence}}
*[http://www.portalpsicologia.org/busqueda.jsp?av=1&clave=&nombre=&paterno=&idDisciplina=0&idProfesion=0&idTema=15&idTeoria=0&idTipo=0&idioma=0&fecha_edicion=&idDocumento= Violencia Social en Portalpsicologia.org] {{es}}▼
* [http://www.psicogenero.com/ '''www.psicogenero.com'''] - Psicoxénero. Recursos sobre violencia de xénero. {{es}}▼
▲*[http://them.polylog.org/5/index-es.htm#fcs Os significados da violencia e a violencia dos significados] Discusión intercultural
* [http://www.portalcomunicacion.com/esp/dest_violencia.html Monográfico "A violencia nos medios de comunicación"] en Portal da Comunicación InCom-UAB {{es}}▼
▲*[http://www.portalpsicologia.org/busqueda.jsp?av=1&clave=&nombre=&paterno=&idDisciplina=0&idProfesion=0&idTema=15&idTeoria=0&idTipo=0&idioma=0&fecha_edicion=&idDocumento= Violencia Social en Portalpsicologia.org]
▲* [http://www.psicogenero.com/ '''www.psicogenero.com'''] - Psicoxénero. Recursos sobre violencia de xénero.
▲* [http://www.portalcomunicacion.com/esp/dest_violencia.html Monográfico "A violencia nos medios de comunicación"] en Portal da Comunicación InCom-UAB
[[Categoría:Política]]
|