Diferenzas entre revisións de «Paulo Orosio»

(imaxes)
[[Ficheiro:Paulo Orosio - Lámina siglo VI.jpg|thumb|250px|Lámina dun códice das ''Historiae'' de Orosio, que se conserva en [[Florencia]].]]A grande obra de Paulo Orosio é ''Historiae adversus paganos'', a única histórica. A data de elaboración do libro presenta problemas, pois non existe unha teoría unanimemente aceptada. De todos os xeitos, a liña máis tradicional sitúa a redacción das ''Historiae'' entre 416 e 417.
 
Unha definición clara e concisa sobre o libro histórico de Orosio é a dunha ''"obra histórica universalista de carácter apoloxético e [[Providencialismo|providencialista]], cuxo fin primordial é comparar un pasado pagán cun presente cristián a través dos seus homes, as súas accións e o seu medio xeográfico e temporal"''<ref>RÁBADE NAVARRO, Miguel Ángel, 'Una interpretación de fuentes y métodos en la Historia de Paulo Orosio', in ''Tabona. Revista de Prehistoria, Arqueología y Filología Clásicas'', 32:1985-1987, p. 377.</ref>.
 
A orixe da obra responde a unha petición expresa de Agostiño de Hipona, que lle pide unha obra como complemento á súa ''[[De Civita Dei]]'', onde se trace a historia facendo fincapé nos pobos pagáns<ref>ALONSO NÚÑEZ, José Miguel, 'La metodología histórica de Paulo Orosio', in ''Helmántica'', 136-138:1994, p. 375.</ref>. Orosio recolleu a petición de Agostiño e trazou a obra co obxectivo de expor que a decadencia de [[Roma]] (en 410 producírase o [[saqueo de Roma]] por [[Alarico I]]) non tiña que ver en absoluto co [[cristianismo]]<ref>GARCÍA FERNÁNDEZ, Francisco José. 'La imagen de Hispania y los hispanos a finales de la Antigüedad. Las Historiae Adversum Paganos de Paulo Orosio'. In ''Conimbriga, 44:2005, p. 297</ref>.