Diferenzas entre revisións de «Paulo Orosio»

imaxes
(imaxes)
=== Commonitorium e Liber Apologeticus ===
 
[[ArquivoFicheiro:Sandro Botticelli 050.jpg|thumb|250px|O ''Commonitorium'' e as ''Historiae'' responderon, polo menos en orixe, á influencia directa que [[Agostiño de Hipona]] exerceu sobre Orosio.]]Aínda que o escrito máis importante de Paulo Orosio foi a ''Historiae Adversus Pagáns'', tamén hai que ter en conta as outras dúas obras que se conservan do autor, coñecidas xeralmente como ''Commonitorium'' e ''Liber Apologeticus''<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985, p. 18.</ref>.
 
O nome completo do primeiro libro é ''Consultatio sive commonitorium ad Augustinum de errore Priscillianistarum et Origenistarum'' (en [[lingua galega|galego]]: ''Consulta ou advertencias a Agostiño verbo do erro dos Priscilianistas e dos Orixenistas'')<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 65.</ref>. En principio é unha obra destinada a Agostiño e xa que logo a súa data de redacción tería como límite a da súa chegada a [[África]], entre 409 e 414<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 66.</ref>. O segundo límite cronolóxico atópase en 415, data aceptada de publicación da obra ''Liber ad Orosium contra Priscillianistas et Origenistas'', onde Agostiño responde ao ''Commonitorium'' de Orosio<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 67.</ref>.