Diferenzas entre revisións de «Paulo Orosio»

[[Arquivo:Sandro Botticelli 050.jpg|thumb|250px|O ''Commonitorium'' e as ''Historiae'' responderon, polo menos en orixe, á influencia directa que [[Agostiño de Hipona]] exerceu sobre Orosio.]]Aínda que o escrito máis importante de Paulo Orosio foi a ''Historiae Adversus Pagáns'', tamén hai que ter en conta as outras dúas obras que se conservan do autor, coñecidas xeralmente como ''Commonitorium'' e ''Liber Apologeticus''<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985, p. 18.</ref>.
 
O nome completo do primeiro libro é ''Consultatio sive commonitorium ad Augustinum de errore Priscillianistarum et Origenistarum'' (en [[lingua galega|galego]]: ''Consulta ou advertencias a Agostiño verbo do erro dos Priscilianistas e dos Orixenistas'')<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 65.</ref>. En principio é unha obra destinada a Agostiño e xa que logo a súa data de redacción tería como límite a da súa chegada a [[África]], entre 409 e 414<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 66.</ref>. O segundo límite cronolóxico atópase en 415, data aceptada de publicación da obra ''Liber ad Orosium contra Priscillianistas et Origenistas'', onde Agostiño responde ao ''Commonitorium'' de Orosio<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 67.</ref>.
 
A obra non só estaba dirixida a Agostiño de Hipona, senón que estivo precedido de conversas co santo. Nel relátase a súa viaxe a África, explícase e critícase tanto o [[priscilianismo]] coma o [[orixenismo]] e pídeselle consello a Agostiño sobre diversos temas [[Teoloxía|teolóxicos]]<ref>BELTRÁN CORBALÁN, Domingo, GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Rafael e MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, '[http://ddd.uab.es/pub/faventia/02107570v21n1p65.pdf El Commonitorium de Orosio: traducción y comentario]', in ''Faventia: Revista de filología clàssica'', 21:1999, p. 71.</ref>.
 
Respecto ao segundo libro, o seu nome completo é ''Liber apologeticus contra Pelagium de arbitrii libertate''. Esta obra hai que enmarcala na participación de Paulo Orosio no concilio rexional de Xerusalén de 415 onde se produciu un gran debate teolóxico, e onde o bispo [[Xoán II de Xerusalén|Xoán II]] acusou a Orosio de herexe por soster que o home non podía permanecer libre de [[pecado]] nin con auxilio divino. Para defenderse de tales acusacións, Orosio redactou a súa ''Liber Apologeticus'', onde expón os motivos polos que participou no sínodo (fora convidado por [[Xerome de Estridón]]) e rexeita a acusación de [[herexía]]<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985.</ref>.
 
=== Historiae adversus paganos ===
 
[[Ficheiro:Paulo Orosio - Lámina siglo VI.jpg|thumb|250px|Lámina dun códice das ''Historiae'' de Orosio, que se conserva en [[Florencia]].]]A grande obra de Paulo Orosio é ''Historiae adversus paganos'', a única histórica. A data de elaboración do libro presenta problemas, pois non existe unha teoría unanimemente aceptada. De todos os xeitos, a liña máis tradicional sitúa a redacción das ''Historiae'' entre 416 e 417.
 
Unha definición clara e concisa sobre o libro histórico de Orosio é a dunha ''"obra histórica universalista de carácter apoloxético e [[Providencialismo|providencialista]], cuxo fin primordial é comparar un pasado pagán cun presente cristián a través dos seus homes, as súas accións e o seu medio xeográfico e temporal"''<ref>RÁBADE NAVARRO, Miguel Ángel, 'Una interpretación de fuentes y métodos en la Historia de Paulo Orosio', in ''Tabona. Revista de Prehistoria, Arqueología y Filología Clásicas'', 32:1985-1987, p. 377.</ref>.
 
A orixe da obra responde a unha petición expresa de Agostiño de Hipona, que lle pide unha obra como complemento á súa ''[[De Civita Dei]]'', onde se trace a historia facendo fincapé nos pobos pagáns<ref>ALONSO NÚÑEZ, José Miguel, 'La metodología histórica de Paulo Orosio', in ''Helmántica'', 136-138:1994, p. 375.</ref>. Orosio recolleu a petición de Agostiño e trazou a obra co obxectivo de expor que a decadencia de [[Roma]] (en 410 producírase o [[saqueo de Roma]] por [[Alarico I]]) non tiña que ver en absoluto co [[cristianismo]]<ref>GARCÍA FERNÁNDEZ, Francisco José. 'La imagen de Hispania y los hispanos a finales de la Antigüedad. Las Historiae Adversum Paganos de Paulo Orosio'. In ''Conimbriga, 44:2005, p. 297</ref>.
 
Ao longo dos sete libros que compón esta produción, Orosio introduce algúns aspectos novos e outros que recollen a tradición [[Historiografía|historiográfica]] grecolatina. Orosio en ningún momento trata de ofrecer unha imaxe negativa sobre os pobos pagáns.
 
 
 
{{enuso}}
'''Paulus Orosius''', coñecido como '''Paulo Orosio''' ou simplemente '''Orosio''', nado probablemente na [[Gallaecia]] contra o ano [[385]] e falecido en [[420]], foi un historiador e [[teoloxía|teólogo]] dos inicios da [[Idade Media]].
 
Seguramente natural de [[Braga]], Paulo Orosio entrou ao servizo da igrexa de moi novo. Posicionouse contra do [[priscilianismo]], que era moi forte entón na [[Gallaecia]], e escribiulle a [[Agostiño de Hipona]] o ''Commonitorium de errore Priscillianistarum et Origenistarum''. No [[414]] foino visitar a [[Cartago]] para adquirir unha sólida educación teolóxica coa que combater o priscilianismo. No [[415]] marcha a [[Palestina]] cunha carta de presentación para [[Xerome]], entón monxe en [[Belén]].
 
En Palestina enfrontouse ao bispo de [[Xerusalén]], [[Xoán de Xerusalén|Xoán]], no [[sínodo]] que se celebrou en xuño do [[415]] polo apoio do bispo a [[Pelaxio]]. Nel, Orosio leu a condena que se realizara no [[sínodo de Cartago]] no [[411]] e leu os escritos de Agostiño contra o [[pelaxianismo]] sen conseguir que se condenara a Pelaxio. Por mor deste enfrontamento escribiu o seu ''Liber Apologeticus''. Orosio envioulle cartas e legados ao papa [[Inocencio I]] e agardou ao [[sínodo de Dióspole]], que se celebrou a fins de ano e no que Pelaxio saíu absolto.