Diferenzas entre revisións de «Paulo Orosio»

(lig int)
* [[414]]: a máis aceptada. A propia obra de Orosio, ''Commonitorium'', que data de [[414]], fala da súa chegada a [[Cartago]] e do seu encontro con Agostiño de Hipona.
 
O certo é que unha vez Orosio saíu da [[Península Ibérica]] tiña claro que o seu destino era [[Hipona]], para atoparse co maior intelectual da época: Agostiño de Hipona. Desde a súa chegada, Orosio pasou a formar parte do equipo que traballaba xunto a Agustín de Hipona, polo que é posible que o autor colaborase na elaboración da ''[[Cidade de Deus]]'' ou que polo menos coñecese a obra<ref>MARTÍNEZ CAVERO, Pedro, ''El pensamiento histórico y antropológico de Orosio'', [[Murcia]]:[[Universidade de Murcia|Universidad]]. 2002, p. 35.</ref>. En [[415]], Agostiño encargoulle a Orosio unha tarefa que só podía realizar alguén da súa confianza: viaxar a Palestina para atoparse con [[Xerome de Estridón]], un teólogo co que as relacións non eran boas, e que vivía coma monxe en [[Belén]].
 
=== Viaxes a Palestina ===