Elfriede Jelinek: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
Todesfuge (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Vida e obra ==
Elfriede Jelinek naceu en Mürzzuschlag. Súa nai, Olga Jelinek (de solteira Olga Buchner), que procedía dunha familia da alta burguesía [[Viena|vienesa]], mantivo economicamente áa familia durante moito tempo co seu traballo de contable. Seu pai, Friedrich Jelinek, era un químico de orixe hebreo-checa. A súa profesión, clasificada entre as "útiles para a guerra", liberouno das persecucións durante os anos do [[nacionalsocialismo]], baixo as que sucumbiron varios membros da familia. Foille asignado un posto de traballo na industria militar estratéxica. Friedrich Jelinek, coa que a escritora tivo unha relación difícil, psiquicamente enfermo dende a década de [[1950]], viviu pechado na súa casa nos anos 60 e faleceu, completamente perturbado, en [[1969]] nunha institución para enfermos mentais.
Elfriede comezou o ensino nunha escola católica de monxas, que ela considerou extremadamente restritiva (ensaio "''In die Schule gehen ist wie in den Tod gehen"'', ''Ir a escola é coma dirixirse cara á morte''). A súa conduta fixo que, por consello das monxas, fora examinada por especialistas en psiquiatría infantil da clínica da universidade de [[Viena]], malia que, clinicamente o seu comportamento non tiña nada de enfermizo. A nai de Elfriede planeaba para a filla unha carreira como neno prodixio da música, e xa durante a escola primaria recibiu clases de [[piano]], [[guitarra]], [[frauta]], [[violín]] e [[viola]]. Con trece anos entrou no conservatorio de Viena, onde estudou [[órgano]], [[piano]], [[frauta]] e, máis tarde, composición. Paralelamente acabou os estudos de grao medio.
 
Despois de pasar a selectividade sufriu a primeira crise psicolóxica, aínda que acabou algúns semestres de Historia da Arte e estudos teatrais na universidade de Viena, ata que en [[1967]] os seus ataques de angustia a obrigaron a deixar os estudos e illarse durante un ano na súa casa. Nesa época comezou a escribir, e os seus primeiros poemas foron impresos por revistas e pequenas editoriais. Ese mesmo ano apareceu o seu libro de poemas, ''Lisas Schatten''. A primeira novela, "''bukolit"'' (Elfriede escollera, na tradición do [[grupo de Viena]], escribir en minúsculas) de [[1968]], non saíu do prelo ata [[1979]]. Despois da morte de seu pai, empezou a recuperarse. Implicouse nos movementos relacionados co [[maio do 68]] e viviu algúns meses nunha [[comuna]] de esquerdas con [[Robert Schindel]] e [[Leander Kaiser]]. En [[1971]] pasou o exame de órgano no conservatorio. O seu traballo literario da época estaba marcado pola ruptura coas teorías de [[Roland Barthes]], expresada no ensaio "die endlose unschuldigkeit". En [[1972]] viviu con [[Gert Loschütz]] en [[Berlín]], pero volveu un ano despois a Viena. En [[1974]] ingresou no Partido Comunista de Austria ([[KPÖ]]), implicándose na loita electoral e en actos culturais de esquerdas. Ese ano casou con Gottfried Hüngsberg, que naquel tempo escribía música cinematográfica para [[Rainer Werner Fassbinder]].
 
Dende o seu casamento viviu alternativamente entre a capital austríaca e [[Múnic]]. O éxito literario chegoulle en [[1975]] coa novela "die liebhaberinnen" (''As amantes''), caricatura dende o punto de vista [[marxismo|marxista]]-[[feminismo|feminista]] dunha novela popular. Sobre todo nos anos 70 escribiu numerosas obras para a radio. "Ausgesperrten" apareceu nos anos 80 como obra radiofónica, novela e finalmente foi levada ó cine.